- Non confundir con José Leyra Domínguez.
Xosé Leira López, nado en Valdoviño en 1951 e finado en Ferrol o 22 de outubro de 2019,[1] foi un sociólogo e escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Foi profesor titular de Socioloxía da Universidade da Coruña, coordinador de Mestrado en Xestión e Patrimonio Cultural e director, desde 1995, do proxecto cultural e de investigación Aulas no Camiño.
Os seus traballos de investigación sociolóxica están recollidos en máis de cincuenta publicacións: monografías, capítulos de libros e revistas científicas. Como escritor de literatura foi membro fundador na década dos 70 do Grupo de Comunicación Poética Rompente. Ten tamén artigos publicados en prensa e pronunciou conferencias en diversas universidades europeas.
Obras
Poesía
Obras colectivas
- Poesía na noite, 1998, Concello de Caldas de Reis.
- O patrimonio e a cultura proxectual, un diálogo necesario, 2000, Deputación de Lugo. Con Rosa Méndez Fonte.
- A cidade como pretexto. Estratexias patrimoniais, 2002, Deputación de Lugo. Con Rosa Méndez Fonte.
- Alma de beiramar, 2002, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- As mulleres de Narón, 2004, Concello de Narón.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
Notas