Xosé Manuel Sánchez Aguión, nado en Boimorto en 1956, é un sindicalista galego e actual secretario xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.
Traxectoria
Afiliado a CCOO desde 1977, estivo ligado nos inicios á Federación Agroalimentaria de CCOO debido á súa formación como capataz agrícola e ex xefe de explotación no Instituto Nacional de Investigacións Agrarias de Mabegondo [1]. Desa federación foi secretario xeral entre 1980 e 1988 e, posteriormente, entre 1988 e 1996, foi secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO da Coruña [2].
No final do seu mandato coruñés entrou a formar parte da Comisión Executiva Nacional de CCOO de Galiza como responsábel de Organización e Finanzas, e máis tarde de Organización, cargo no que permaneceu até 2009, cando se presentou para substituír a Xan María Castro após o retiro deste á fronte do sindicato. Foi elixido secretario xeral no IX Congreso do sindicato,[3] ese mesmo ano, e reelixido en 2013.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas