Xoán II de Brabante

Modelo:BiografíaXoán II de Brabante

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1275 Editar o valor en Wikidata
Morte27 de outubro de 1312 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Tervuren, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de St. Michael e St. Gudula (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque de Brabante (1294–1312) Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Brabant (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMargarida de Inglaterra (1290 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosJohan Cordeken, Jan van Cordekin, Jan III de Brabante, Johan I van Wittem, Jan van Wyvliet Editar o valor en Wikidata
PaisXoán I de Brabante Editar o valor en Wikidata  e Margarida de Dampierre Editar o valor en Wikidata
IrmánsJean Meeuwe
Maria de Brabante
Margarida de Brabante
Margarida de Tervueren
Jean van der Plasch Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Reginar-2 Find a Grave: 19226 Editar o valor en Wikidata

Xoán II de Brabante, chamado o Pacífico, nado o 27 de setembro de 1275 e finado en Tervuren o 27 de outubro de 1312, foi duque de Brabante e de Limburgo de 1294 ata a súa morte. Foi fillo de Xoán I de Brabante e de Margarida de Dampierre.

Traxectoria

En 1290 casou na abadía de Westminster con Margarida de Inglaterra, filla de Eduardo I, e de Lionor de Castela. Este concerto matrimonial inscribíase nun conxunto de alianzas ideado por Eduardo para dispor de apoios no seu enfrontamento co rei de Francia Filipe IV o Fermoso.[1]

A participación de Xoán, duque desde 1394, na liga contra Francia encabezada por Eduardo, con Guido de Dampierre, conde de Flandres e outros señores foi, con todo, sumamente dubitativa, e en 1300 a alianza quedou disolta polas vacilacións dos seus compoñentes antes de lanzar o ataque. Desde o primeiro momento houbo de facer fronte ademais a revoltas internas e tumultos nas cidades, promovidos polos grupos burgueses enriquecidos coa industria e o comercio paneiro, que reclamaban acabar cos privilexios do patriciado urbano.[2] Anveres, Malinas, Bolduque, Lovaina e por último Bruxelas en 1306 se amotinaron sucesivamente e momentaneamente lograron expulsar delas aos patricios.

Sometidas as cidades desencadeouse unha onda de persecucións contra os xudeus, protexidos polo duque que percibía os seus impostos.[3]

Angustiado polas débedas e gravemente enfermo do mal de pedra, en 1312 convocou en Kortenberg á nobreza e os representantes das cidades, nas que persistían as mostras de descontento. O resultado da reunión foi a aprobación da Carta de Kortenberg que limitaba a imposición de novas cargas fiscais, establecía mecanismos de control da xustiza e recoñecía ás cidades os seus privilexios e dereito consuetudinario, ademais de crear un consello no que estarían presentes membros da nobreza e do pobo.[4]

Morreu o 27 de outubro de 1312, ao mes de asinar a Carta, deixando como herdeiro a un fillo único home de pouco máis de doce anos, Xoán III.

Notas

  1. Van Hasselt, Historia de Béljica y Holanda, pp. 148-149.
  2. Van Hasselt, Historia de Béljica y Holanda, pp. 149-150.
  3. Van Hasselt, Historia de Béljica y Holanda, p. 150.
  4. Van Hasselt, Historia de Béljica y Holanda, pp. 150-151.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Van Hasselt, André e Van Hasselt, M., Historia de Béljica e Holanda, Madrid-Barcelona, Imprenta do Imparcial, 1884.
  • Wauters, Alphonse, «Jean II», Académie royale de Belgique, Biographie nationale, vol. 10, Bruxelles, 1889, p. 216-237.
Predecesor:
Xoán I
Duque de Brabante e Limburgo
1294 - 1312
Sucesor:
Xoán III