Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Xiá.
Santa María de Xiá é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 327 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística[2], 152 homes e 175 mulleres distribuídos en 42 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 50 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 377 habitantes (177 homes e 200 mulleres) e 73 menos que en 2004.
Nesta parroquia está a fortaleza de San Paio de Narla, unha testemuña da época feudal e que hoxe é sede da sección de etnografía, artes e costumes populares do Museo Provincial de Lugo (Museo etnográfico e histórico de San Paio de Narla).
Galería de imaxes
-
Igrexa parroquial
-
Cruceiro
Lugares e parroquias
Lugares de Xiá
Parroquias de Friol
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas