Veciño de Betanzos dende 1993, é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Desenvolveu, paralelamente á súa carreira literaria, diversas actividades relacionadas co asociacionismo de base que o levaron a presidir a Asociación Cultural Eira Vella (1999-2003), entidade editora da revista semestral A Xanela, onde viron a luz as súas primeiras achegas literarias a mediados dos anos noventa.
Colaborador ocasional de prensa escrita e dixital (A Nosa Terra, De Luns a Venres, Grial, entre outras), a súa carreira autorial, centrada na narrativa, contempla primordialmente a novela, sen desatender incursións ocasionais no relato ou no mundo do conto infantil.
A vella quenlla perde os dentes, 2005, Edebé-Rodeira. Publicado en castelán no mesmo ano, co título El viejo tiburón pierde los dientes, por Edebé.[11] Traducido ao árabe en 2015 por editorial Kalima, Emiratos Árabes Unidos. Publicado en chinés por Hubei Children´s Press.
Son un can!, 2013, Edebé-Rodeira. Publicado en castelán no mesmo ano, co título ¡Soy un perro, por Edebé. Publicado en chinés por Hubei Children´s Press.[12]
O home que sabía voar, 2015, Tambre-Edelvives. Publicado en castelán en 2017, co título El hombre que sabía volar, por Edelvives.[13]
Os tres desexos, 2017, Tambre-Edelvives.
O segredo da vella librería, 2018, Galaxia.
Tres segundos na zona, 2022, Oqueleo.
Un frautista en Nilemah, 2023, Tambre-Edelvives. Publicado en castelán en 2023, co título Un flautista en Nilemah, por Edelvives
Traducións
Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.
Participación en obras colectivas
Ollos verdes/Ojos verdes en Trece por docena, 2005, Caballo de Troya.
Vacheron Constantin en Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, 2013, Xerais.
Vida (e desventuras) dun libro (de poesía) en O libro dos libros, 2018, Galaxia.[14]
Amor aos animais en Contra o vento, 30 anos do premio García Barros, 2018, Galaxia.
Do caso que lle aconteceu a Alfredo Aneiros en Miño (Antoloxía do relato galego actual), 2023, Xerais.