William Cameron Menzies, nado en New Haven (Connecticut) o 29 de xullo de 1896 e finado nos Ánxeles (California) o 5 de marzo de 1957 foi un director de produción e director artístico estadounidense que tamén traballou como director, produtor e guionista.
Traxectoria
Menzies naceu en Connecticut, fillo dos emigrantes escoceses Charles A. e Helen. Estudou nas universidades de Yale e Edimburgo e tras servir no exército estadounidense na primeira guerra mundial asistiu á Art Students League of New York.
Menzies uniuse á Famous Players-Lasky, que logo evolucionou na Paramount Pictures, traballando en efectos especiais e deseño. En 1929, co produtor Joseph M. Schenck creou unha serie de curtametraxes sonoras, incluíndo unha versión de dez minutos de The Sorcerer's Apprentice, de Paul Lukas. O seu traballo en The Adventures of Tom Sawyer (1938) levou o produtor David O. Selznick a contratalo para Foise co vento (1939).[1] Menzies foi o director da secuencia do incendio de Atlanta e remontou a secuencia onírica de Salvador Dalí no filme Spellbound (1945), de Alfred Hitchcock.[2]
Ademais do seu traballo como director artístico, dirixiu filmes dramáticos e fantásticos, entre eles Things to Come, baseado na obra de H.G. Wells, e Invaders from Mars.
Menzies finou de cancro pouco despois de rematar o seu traballo como produtor asociado de A volta ao mundo en oitenta días (1956).
Filmografía
Director artístico
Director
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas