Wilhelm August Streitberg, nado en Rüdesheim am Rhein o 23 de febreiro de 1864 e finado en Leipzig o 19 de agosto de 1925, foi un lingüista alemán.
Traxectoria
Estudou lingüística indoeuropea na Universidade de Leipzig, onde tivo como profesores a Karl Brugmann e Ernst Windisch. Dentro do ámbito dos estudos indoeuropeos especializouse nas linguas xermánicas, sendo recoñecidas as súas achegas ao estudo da lingua gótica. Xunto con Karl Brugmann editou a revista Indogermanische Forschungen, que se segue a publicar hoxe desde 1892.
Obra
- Urgermanische Grammatik (1896).
- Gotisches Elementarbuch[1] (1897; 2ª edición 1906, 3ª e 4ª edición 1910, 5ª e 6ª edición 1920).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas