Wilhem Heinrich Kramer, nado en 1724 en Dresde, Electorado de Saxonia (Sacro Imperio Romano Xermánico), e finado o 13 de outubro de 1765 en Bruck an der Mur (actual Baixa Austria), foi un médico e naturalista alemán.[1]
Traxectoria
Kramer estudou Medicina en Viena, e practicou como médico en Bruck, cerca da capital, polo menos durante catorce anos.
Publicou en 1756 a obra Elenchus Vegetabilium and Animalium per Austriam inferiorem Observatorum, unha flora e fauna da Baixa Austria, notábel sobre todo porque foi un dos primeiros traballos nos que se adoptou a nomenclatura binominal de Linneo. Nese libro Kramer creou o termo pratincola para a ave Glareola pratincola, e que foi adaptado ao inglés na seguinte obra de Thomas Pennant en 1773.
Honores
Epónimos
- Fauna
- Flora
Abreviaturas
Notas
- ↑ Klemun, Marianne (2012): "Ein bloß vom privaten Fleiß eines mittellosen Praktikers der Medizin überall gesammeltes Büschel" – Wilhelm Heinrich Kramers (1724–1765) botanische Arbeit. Verh. Zool.-Bot. Ges. Österreich, vol. 148-149, pp. 377-396.
- ↑ Enum. Pl. Jap. 2. 212, 619. 1879. 1879 (IF)
- ↑ Bot. Mag. 99: t. 6058. 1873 (IK)
- ↑ Kramer, Wilhelm Heinrich ( -1765) no IPNI.
Véxase tamén