Warner Baxter, nado en Columbus (Ohio) o 29 de marzo de 1889 e finado en Beverly Hills (California) o 7 de maio de 1951, foi un actor norteamericano.
Traxectoria
De cativo trasladouse coa súa nai a San Francisco en 1898. Logo do terremoto de San Francisco de 1906 a súa familia tivo que vivir nunha tenda por dúas semanas. En 1910 debutou como actor nun vodevil e posteriormente pasou ao teatro e, dende 1921, ao cine.
Baxter iniciou a súa carreira cinematográfica como extra. Tivo o seu primeiro papel protagonista en 1921 na película Sheltered Daughters. Durante os anos 1920 actuou en 48 películas. A súa actuación máis famosa foi como Cisco Kid en In Old Arizona, papel polo que recibiu o Oscar ao mellor actor. Tamén actuou en Grand Canary, Broadway Bill e Kidnapped
Para 1936, Baxter era o actor mellor pagado de Hollywood, pero para 1943 pasara a realizar películas de clase B. Protagonizou unha serie de película do Crime Doctor para Columbia Pictures.
Entre 1914 e 1950, Baxter realizou máis de cen películas. Estivo casado coa actriz Winifred Bryson desde 1918 ata a súa morte.
Baxter sufría de artrite, polo que realizouse unha lobotomía para reducir a dor. Morreu pouco despois de pneumonía e foi enterrado no Forest Lawn Memorial Park en Glendale (California).
Filmografía
Véxase tamén