O voo 400 de TWA foi un Martin 4-0-4, con rexistro N40403, que se esnafrou engalando do aeroporto de Pittsburgh. 22 das 36 persoas a bordo, incluído un tripulante, morreron no accidente.[1]
O voo 400 ía ser un voo IFR ata o aeroporto de Newark. Neste voo en particular, o primeiro oficial estaba no asento da esquerda, xa que estaba sendo revisado polo capitán. Cando o avión se levantou do chan, experimentouse unha forte guiñada mentres o primeiro oficial reducía potencia a unha altura duns 30 metros. Case inmediatamente a luz de aviso de lume do motor 1 acendeuse; porén, a alarma de lume nunca soou. Nese momento, crese que o primeiro oficial decelerou o motor 1. O capitán só notou a perda de potencia no indicador de presión efectiva media, pero nunca viu a luz de aviso. Puxo o motor ao ralentí e cando o primeiro oficial ía premer o botón para poñer manualmente a hélice en bandeira o capitán parouno. O capitán idicou que o dispositivo automático para poñer a hélice en bandeira se encargaría do motor 1. Isto nunca ocorreu xa que a panca do acelerador fora atrasada a unha posición por detrás dos interruptores que armaban o dispositivo automático que debería poñen en bandeira a hélice. A hélice 1 creou a suficiente resistencia como para causar que o avión seguise guiñando cara á esquerda. A tan só 515 m despois do fin da pista, ás 7:20 pm, o avión esnafrouse.
O aviso de lume parece que foi causado for un fallo no conector de fixación do escape. Os gases quentes de saída foron expulsados directamente sobre un detector de sobrequentamento.
A causa probable do accidente foi determinada como: "acción de emerxencia non coordinada en moi pouco tempo dispoñible para a tripulación, que levou a unha configuración do avión cunha resistencia insuperable".
Notas