O voo 2120 de Nigeria Airways foi un voo chárter de pasaxeiros dende Jeddah, Arabia Saudita ata Sokoto, Nixeria o día 11 de xullo de 1991 que se estrelou pouco despois de engalar do aeroporto internacional Rei Abdulaziz. Morreron as 247 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo do aparello. O avión era un Douglas DC-8 operado por Nationair para Nigeria Airways. O voo 2120 foi o peor accidente dun DC-8[1][2] e é un dos peores dunha aeroliña canadense.[3]
Avión e tripulación
O avión involucrado no accidente era un Douglas DC-8-61 fabricado en 1968 con rexistro C-GMXQ. Pertencía á compañía canadense Nolisair e normalmente operaba para Nationair; no momento do accidente estaba sendo alugado a Nigeria Airways, que á súa vez sub-alugouno a outra compañía para transportar peregrunos nixerianos á Meca.[4]
William Allan, o piloto de 47 anos ao mando, era un antigo piloto da Forza Aérea do Canadá e tiña 10 700 horas de voo, das cales 1 000 foran no DC-8. O primeiro oficial Kent Davidge, de 36 anos, teña 8 000 horas de voo, 550 delas no DC-8. O enxeñeiro de voo Victor Fehr, de 46 anos, tiña 7 500 horas, das cales 1 000 foran neste modelo.[5][6] O DC-8 era o principal avión usado pola aeroliña.[6]
Accidente
O avión saíu do aeroporto Rei Abdulaziz cara ao aeroporto Sadiq Abubakar III en Sokoto, pero informou de problemas pouco despois da engalaxe.[4][1] A tripulación non sabía que durante a saída o avión se incendiara, e aínda que o propio lume non era obvio os seus efectos si o eran. A presurizarización fallou rapidamente, e a tripulación viuse inundada de avisos sen sentido causado polos fallos de circuítos provocados polo lume. En resposta ao fallo de presurización, Allan decidiu permanecer a 2 000 pés, pero o voo foi autorizado a 3 000 pés como resultado de que o controlador o confundise cun voo de Saudia que tamén estaba informando de problemas de presurización debido a que o capitán identificouse por un erro como "Nationair 2120" en vez de como "Nigerian 2120", unha confusión que durou tres minutos[7] aínda que finalmente non tivo efectos no resultado final.[3] En medio disto, o primeiro oficial Davidge informou que estaba perdendo os sistemas hidráulicos.[3] A tripulación só se decatou do lume cando un asistente de voo apresuroue á cabina de mando informando que había "fume na parte de atrás... realmente malo".[7][3] Pouco despois, Davidge informou de que perdera os aleróns, forzando a Allan a tomar o control; cando Allan o fixo a gravadora de voces de cabina fallou.[7] Nese momento o controlador de tráfico aéreo decatouse que o voo 2120 non era o de Saudia e estaba en problemas, e dirixiunos cara a pista. Posteriormente Allan contactou múltiples veces co control de tráfico aéreo, entre esas comunicacións solicitou vehículos de emerxencia.[7]
Cando o avión estaba a uns 18 quilómetros do aeroporto a unha altura de 671 metros, un punto onde o tren de aterraxe podería ter sido baixado, o avión comezou a experimentar unha ruptura en voo e varios corpos caíron del, indicando que o lume nese momento consumira parcialmente o chan da cabina.[7] A 2 875 metros da pista o avión volveuse incontrolable e esnafrouse[7] matando a todos os seus ocupantes.[4][1][8]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente". Consultado o 19 de xaneiro de 2017.
- ↑ Flightglobal (ed.). "Airline safety review – Fatal accidents: Non-scheduled passenger flights". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2017. Consultado o 19 de xaneiro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 IMBd (ed.). "Mayday (Season 11 - Episode 9 - Under Pressure". Consultado o 19 de xaneiro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Flight International (ed.). "Confusion over Saudi DC-8 crash". Consultado o 30 de xaneiro de 2017.
- ↑ Flight Safety Foundation (ed.). "Tire Failure on Takeoff Sets Stage for Fatal Inflight Fire and Crash" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de setembro de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 IMDb (ed.). "Mayday (Under Pressure)". Consultado o 30 de xaneiro de 2017.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 "Tire Failure on Takeoff Sets Stage for Fatal Inflight Fire and Crash" (PDF). Flight Safety Foundation. Archived from the original on 28 de marzo de 2019. Consultado o 2018-1-4.
- ↑ "Catastrophe aérienne de Djeddah : 261 morts.". Le Monde. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2011. Consultado o 2019-1-4.