En automobilismo e motociclismo, coñécese como volta rápida á volta máis rápida lograda por un piloto durante unha carreira. Nalgunhas competicións, como as A1 Grand Prix e as GP2 Series, prémiase con puntos aos pilotos ou equipos que a logren.
En Fórmula 1 dábase un punto ao piloto que a lograse ata a tempada 1960. Desde 2007, o piloto que máis voltas rápidas marque durante a tempada é premiado co Trofeo DHL Volta rápida. Michael Schumacher posúe a marca de voltas rápidas dadas na categoría, cun total de 77.
En MotoGP non se dan puntos pola volta rápida. Giacomo Agostini ten a marca actual da categoría, con 117 voltas rápidas. Valentino Rossi, quen aínda participa na categoría, ocupa o segundo lugar con 92 voltas rápidas.