Vladimir Mihailovitch Bexterev, en ruso Владимир Михайлович Бехтерев, nado o 1 de febreiro de 1857 en Sorali (preto de Kirov) e finado o 24 de decembro de 1927 en Moscova, foi un neurólogo, neurofisiologo e psiquiatra ruso.
Traxectoria
Realizou os seus estudos na Academia Médica de San Petersburgo, onde obtivo o doutoramento en 1881 cunha tese consagrada ás posibles relacións entre a temperatura corporal e certas enfermidades mentais. Cunha bolsa de estudos para ir ó estranxeiro marcha a Leipzig, alí colabora con Wilhelm Wundt, o fundador da psicoloxía experimental e co neurólogo Paul Flechsig. Visita a Theodor Meynert en Viena e traballa en Berlín xunto a Carl Westphal e Emil du Bois-Reymond e recibe en París as ensinanzas de Charcot.
Despois de catro anos no estranxeiro, volve a Rusia como profesor de psiquiatría da Universidade de Kazán e máis tarde obtén praza na Academia Médica de San Petersburgo, onde desde 1908 foi o director do Instituto de Psiconeuroloxía.
Vladimir Bexterev morreu en prisión en 1927, non se sabe se por orde de Stalin por diagnosticarlle paranoa severa dous días antes. Anos despois, o fiscal xefe de Stalin Andrei Vishinski, ordena a morte dos seus fillos e o envío da súa familia a un campo.[1]
Traballos
As súas investigacións en neurobioloxía céntranse principalmente na anatomía do cerebro e nos reflexos condicionados.
Foi un dos principais partidarios da teoría do comportamento. Con independencia de Pavlov desenvolveu unha teoría do reflexo condicionado. Tamén describiu unha gran cantidade de estruturas do tronco cerebral incluída a formación reticular.
Bexterev foi un dos primeiros en describir a spondylarthrite ankylosante, unha afección reumatolóxica inflamatoria da columna vertebral.
Notas
- ↑ (en alemán) Donald Rayfield Stalin und seine Henker. pp 138 et suivantes. Blessing Verlag, München 2004, ISBN 3-89667-181-2
Véxase tamén
Ligazóns externas