Vitoria Uxía de Battenberg

Modelo:BiografíaVitoria Uxía de Battenberg

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Victoria Eugenie Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1887 Editar o valor en Wikidata
Castelo de Balmoral (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1969 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Villa Vieille Fontaine (Suíza) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor en Wikidata
Raíña consorte de España
31 de maio de 1906 – 14 de abril de 1931
← María Cristina de Habsburgo-LorenaSofía de Grecia → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLausana Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña consorte de España Editar o valor en Wikidata
Participou en
6 de xullo de 1893wedding of Prince George, Duke of York, and Princess Mary of Teck (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrincesa
Raíña
Raíña consorte de España Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Battenberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAfonso XIII de España (1906–1931), separación de feito Editar o valor en Wikidata
FillosAfonso de Borbón e Battenberg, Xaime de Borbón e Battenberg, Beatriz de Borbón e Battenberg, Fernando de Borbón e Battenberg, María Cristina de Borbón e Battenberg, Xoán de Borbón e Battenberg, Gonzalo de Borbón e Battenberg Editar o valor en Wikidata
PaisPríncipe Heinrich de Battenberg Editar o valor en Wikidata  e Beatriz do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
IrmánsLorde Leopold Mountbatten
Prince Maurice of Battenberg
Alexander Mountbatten, 1.º Marquês de Carisbrooke Editar o valor en Wikidata
ParentesVitoria do Reino Unido, avoa materna
Xoán Carlos I de España, neto Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dictionary of Women Worldwide Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0703076 BNE: XX886052 WikiTree: Battenberg-18 Find a Grave: 7310608 Editar o valor en Wikidata

Vitoria Uxía Xulia Ena de Battenberg, nada no Castelo de Balmoral (Aberdeenshire, Escocia) o 24 de outubro de 1887 e finada en Lausana (Suíza) o 15 de abril de 1969, era neta da raíña Vitoria de Inglaterra, e converteuse en raíña consorte de España polo seu matrimonio co rei Afonso XIII. Foi a bisavoa do monarca Filipe VI de España.

Infancia

Era filla de Henrique de Battenberg e da súa esposa, a princesa Beatriz, filla máis nova da raíña Vitoria do Reino Unido e do príncipe Alberte. Vitoria recibiu o nome das súas dúas avoas e da súa madriña, a emperatriz Uxía, viúva do emperador Napoleón III. Familiarmente era coñecida como Ena.

A princesa Ena creceu na Corte da raíña Vitoria. Pasou a súa infancia no castelo de Windsor, Balmoral e en Osborne House, na Illa de Wight. O seu pai morreu en 1896 tras contraer unhas febres en África. Logo da morte da raíña Vitoria en 1901, os Battenberg fixaron a súa residencia no Palacio de Kensington, en Londres.

En 1905, a princesa asistiu a unha festa organizada polo seu tío, Eduardo VII, en honra de Afonso XIII de España. O monarca español fixouse na moza a pesar da oposición existente a un eventual matrimonio.

A raíña María Cristina, nai de Afonso XIII, non era partidaria desta unión, dadas as escuras orixes da liña Battenberg. Ademais, Vitoria Uxía ostentaba unicamente o título de Alteza Serenísima, que a raíña María Cristina consideraba de rango inferior. Por outra banda, os antecedentes de hemofilia provenientes da póla da familia da súa avoa (a raíña Vitoria) tampouco agradaban á raíña.

Matrimonio

A pesar de todo, o 9 de marzo de 1906, a Casa Real de España anunciou o compromiso matrimonial do rei Afonso XIII e a princesa Vitoria Uxía. A nova preocupou a moitos españois, xa que a noiva era anglicana e non tiña suficiente categoría.

A princesa venceu o primeiro obstáculo ao converterse ao catolicismo. Celebrou a cerimonia de conversión o bispo de Nottingham no oratorio do palacio de Miramar, na cidade de Donostia. O seu tío, o rei Eduardo VII, eliminou o segundo obstáculo ao darlle o tratamento de Alteza Real o 3 de abril de 1906. O matrimonio tivo lugar en Madrid na igrexa de San Xerónimo o 31 de maio de 1906, e a raíña luciu por primeira vez o Diadema dos lises.

Tras a cerimonia, o cortexo nupcial que se dirixía de regreso ao Palacio Real sufriu á altura do número 88 da Calle Mayor un atentado perpetrado polo anarquista Mateo Morral, que lanzou unha bomba desde un balcón á carroza real. A carroza envorcou pero foi rapidamente recomposta. A raíña Vitoria Uxía salvou a vida porque, no momento xusto da explosión, virou a cabeza para contemplar a igrexa de Santa María. Tras este feito, presentouse ante os invitados á voda no Palacio Real co vestido de noiva ensanguentado polos mortos causados pola explosión.

Os seus anos na corte de Madrid foron complicados. Ao seu carácter reservado, propio da ríxida corte vitoriana, uníuselle a difícil relación con raíña nai, María Cristina de Habsburgo-Lorena, que sempre mantivo a autoridade sobre a familia real e a influencia sobre o rei.[Cómpre referencia] Cando estalou a primeira guerra mundial en 1914, as diferenzas entre ambas exaltáronse, xa que a raíña nai mostrou o seu claro sentimento xermanófilo mentres que a raíña consorte demostrou o seu apoio ao seu curmán, o rei Xurxo V do Reino Unido.[Cómpre referencia]

En canto ás relacións persoais co seu esposo, Afonso XIII sempre lle recriminou a transmisión da hemofilia aos seus fillos e herdeiros; ademais, a relación foi arrefriándose e as infidelidades do rei foron converténdose en cousa común en palacio.[Cómpre referencia] Vitoria Uxía comezou un illamento persoal que a afastou máis do pobo, centrada na súa paixón polas xoias e os luxos.[Cómpre referencia]

Descendencia

A Raíña Vitoria Uxía cos seus seis fillos en 1918.

O matrimonio tivo un total de sete fillos, cinco homes e dúas mulleres:

Despois do nacemento dos seus fillos, a relación entre a raíña e o seu esposo foise deteriorando, pois Afonso XIII tivo numerosas relacións extramatrimoniais.

Exilio e morte

En 1912 a cidade de Donostia. inaugurou o Teatro Vitoria Uxía, así chamado na honra de Vitoria Uxía de Battenberg.

A familia real española partiu cara ao exilio o 14 de abril de 1931, cando nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 os partidos republicanos gañaron na maioría das grandes cidades, e como consecuencia o rei Afonso XIII abdicou e suspendeu deliberadamente o exercicio do poder real, o que deu lugar á proclamación da Segunda República Española. A familia real trasladouse a Francia e máis tarde ao Reino de Italia. A parella real terminou separándose, e Vitoria Uxía regresou á Gran Bretaña. En 1939, tras o inicio da segunda guerra mundial, a ex-raíña consorte foi convidada a abandonar o Reino Unido e deixou de pertencer á familia real británica. Trasladouse a Lausana, Suíza, onde fixou a súa residencia definitiva nun palacete chamado "Vieille Fontaine" (actualmente propiedade dunha entidade financeira suíza), ao que acudían moitos dos seus netos a visitala; estes chamábana cariñosamente avoa "Gangan". Adolf Hitler obrigáraa a marchar de Italia porque cría que era unha espía inglesa, polo que ela se afincou en Suíza.

En 1938 toda a familia se reuniu en Roma para o bautizo do primeiro fillo varón de Juan de Borbón, Xoán Carlos, posteriormente rei de España, de quen foi madriña xunto co cardeal Pacelli, futuro papa Pío XII. O 15 de xaneiro de 1941, Afonso XIII, presentindo que a súa morte estaba próxima, transferiu os dereitos sucesorios da Coroa Española ao seu fillo Juan, Conde de Barcelona. Afonso XIII morreu o 28 de febreiro de 1941.

Vitoria Uxía regresou momentaneamente a España en febreiro de 1968, tras 37 anos de exilio, para exercer de madriña no bautizo do seu bisneto, Filipe de Borbón, fillo de Xoán Carlos de Borbón e de Sofía de Grecia e Dinamarca.

Vitoria Uxía morreu en Lausana o 15 de abril de 1969 e foi enterrada na capela do Sacre Coeur. O 25 de abril de 1985, a Casa Real trasladou os seus restos a España, que repousan no Panteón Real do Mosteiro de El Escorial preto dos do seu esposo Afonso XIII, e dos seus fillos Alfonso, Jaime e Gonzalo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
María Cristina de Habsburgo-Lorena
Raíña consorte de España
19061931
Sucesor:
Sofía de Grecia