Vila de Cruces

Modelo:Xeografía políticaVila de Cruces
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°47′42″N 8°10′06″O / 42.7951, -8.1683
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalVila de Cruces Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.082 (2023) Editar o valor en Wikidata (32,89 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie154,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude827 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataLuís Taboada Sánchez Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Vila de Cruces Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36590 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36059 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webviladecruces.org Editar o valor en Wikidata

Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).

Historia

O concello denominouse Carbia ata 1944, por estar nesta parroquia a capitalidade. O 19 de setembro de 1944 o concello inaugurou a súa nova sede en Vila de Cruces, tomando esta denominación oficialmente.

Poboación

Segundo o padrón municipal de habitantes a poboación en 2015 era de 5.556 persoas. O xentilicio é crucés ou carbiao.[1]

Censo total 5.556 (2015)
Menores de 15 anos 452 (8.14 %)
Entre 15 e 64 anos 3.269 (58.84 %)
Maiores de 65 anos 1.835 (33.03 %)
Evolución da poboación de Vila de Cruces   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
9.924 9.284 11.068 9.041 6.779 6.475 6.325 6.085 5.934 5.676
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Festas e celebracións

A Patroa da vila é a Nosa Señora da Piedade e celébrase a súa festa a fin de semana seguinte ó 4 de agosto (agás se é sábado que pasaría a ser o seguinte).

  • Entroido

Varias parroquias celebran o entroido cos altos dos xenerais.

  • Gastronomía

Tamén celebra festas gastronómicas como a da Castaña en novembro, a do Chourizo en febreiro e a do Galo de Curral en maio, todas elas con degustación gratuíta de produtos da zona.

Os días de feira na Vila son 4 e o 17 de cada mes.

Galería de imaxes

Nados en Vila de Cruces

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vila de Cruces

Añobre (San Pedro) | Arnego (Santa María) | Asorei (Santa María) | Bascuas (Santa Mariña) | Besexos (San Fiz) | Bodaño (San Mamede) | Brandariz (San Miguel) | Camanzo (San Salvador) | Carbia (San Xoán) | As Cruces (Nosa Señora da Piedade) | Cumeiro (San Pedro) | Duxame (San Miguel) | Ferreirós (San Xes) | Fontao (Santiago) | Gres (Santiago) | Larazo (San Xoán) | Loño (San Mamede) | Merza (Santa María) | Obra (San Tomé) | Oirós (Santa María) | Ollares (Santa María) | Piloño (Santa María) | Portodemouros (San Salvador) | Sabrexo (Santa María) | Salgueiros (San Pedro) | San Pedro de Losón (San Pedro) | San Tomé de Insua (San Tomé) | Toiriz (San Xoán)

Lugares de Vila de Cruces

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vila de Cruces vexa: Lugares de Vila de Cruces.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.