Verba volant scripta manent
![]() Verba volant scripta manent é unha locución latina que significa literalmente "as palabras voan, os escritos permanecen". Esta máxima aconsella prudencia en circunstancias onde poñer algo por escrito podería ser comprometedor e prexudicial nun futuro, sobre todo en asuntos de especial gravidade. Suxire que o que se escribe débese pensar dúas veces, pero tamén que non debemos confiar naquilo que non foi posto nun papel. Resáltase nela a fugacidade das palabras, que se esquecen, fronte á permanencia das cousas escritas. Esta cita semella estar tomada dun discurso de Caio Tito ao senado romano. Segundo Alberto Manguel[1] no seu libro, esta frase antes significaba xustamente o contrario: louvaba á palabra dita en voz alta, que está viva, en comparación coa silenciosa palabra sobre a páxina, que está inmóbil, morta. Notas
Véxase taménLigazóns externas
|