A cidade está situada no golfo de Xénova, a 8 km da fronteira con Francia, polo que a miúdo se alcuma "a porta occidental de Italia",[1] "a cidade fronteiriza" ou "a porta florida de Italia".[2]
Por iso mantén fortes relacións económicas e sociais coa veciña Costa Azul, como evidencian os datos do transporte, ademais de que forma parte dela desde o punto de vista puramente xeográfico.
Ventimiglia foi a capital dunha tribo ligur que resistiu bastante tempo á dominación romana, aínda que se someteu no aoo 115 a. C. A historia de Ventimiglia é unha continua sucesión de asedios e distintos dominadores: romanos, godos, bizantinos, lombardos e xenoveses. En xeral a súa sorte estivo ligada á de Xénova.
Actualmente Ventimiglia é unha tranquila vila turística, pero tamén dedicada á agricultura e á pesca.