Os concellos italianos son a unidade básica de organización territorial das provincias e as rexións de Italia, equivalentes aos concellos en Galicia. En italiano reciben o nome de comune, en plural comuni, palabras de xénero masculino.
Administración
- Consiglio comunale (Consello municipal)
- Giunta comunale (Xunta municipal)
- Sindaco (Alcalde)
Subdivisións
En Italia os concellos subdivídense de dúas formas: frazioni (fraccións), ou circoscrizioni (circunscricións).
Unha fracción é unha agrupación de casas ou unha pequena localidade illada da capital, no caso dos concellos compostos por máis dunha localidade. En troques, unha circunscrición é unha área administrativa dentro da cidade mesma.
Dende o 19 de xaneiro de 2001, as 19 circunscricións de Roma denomínanse municipi, cada cal cun presidente que se elixe directamente e unha xunta asesora.
Concellos por provincia