Enna é unha provincia da rexión de Sicilia, en Italia. A súa capital é a cidade de Enna.
Ten unha área de 2.562 km2, e unha poboación de 176.959 habitantes (2001). Hai 20 municipios na provincia.
Fai fronteira a norte coa provincia de Messina, a leste e a sueste coa provincia de Catania, a sur e a suroeste coa provincia de Caltanissetta e a noroeste coa provincia de Palermo.
Véxase tamén
Ligazóns externas