Venceslau Brás Pereira Gomes[1], nado en Brasópolis o 26 de febreiro de 1868 e finado en Itajubá o 15 de maio de 1966, foi un avogado brasileiro, presidente do seu país entre 1914 e 1918.
Traxectoria
Nado na entón cidade de São Caetano da Vargem Grande, hoxe Brasópolis, fíxose avogado pola Facultade de Dereito da Universidade de São Paulo en 1890. Exerceu a avogacía na cidade de Monte Santo de Minas, despois foi deputado estatal. Entre 1898 e 1902 foi Secretario do Interior e da Xustiza en Minas Xerais. Foi elixido deputado federal representando o estado o 1903.
Notas
- ↑ Ata 1940 grafado Wenceslau Braz