O lugar está marcado polas ruínas dun ziqqurat, que se conservou bastante ben, e polo montículo (tell) de entullos[1] . O cigurat é un templo de Sin e ten dous niveis construídos con ladrillo: no nivel inferior os ladrillos están unidos con betume, no nivel superior están unidos con morteiro.
Segundo a tradición bíblica é o lugar de nacemento de Abraham.
Historia
A cidade aparece pouco despois do 3000 a.C. e cara ao 2650 a.C. está gobernada por Akalamdug, quen conseguira evitar a hexemonía de Kish e apoderouse de Uruk. Máis tarde atopamos unha raíña chamada Puabi, a tumba da cal atopouse intacta.
Cara ao 2350 a.C. Ur caeu baixo a hexemonía de Umma e cara ao 2335 a.C. en mans de Sargón de Acad. Ao morrer Sargón sublevouse como outras cidades no 2284 a.C., sen éxito. Cara a finais de século xa se independizou pero o 2164 a.C. houbo de someterse a Lagash.
O período en torno ao 2100 a.C. sinala un momento catastrófico para esta cidade. O conxunto de taboíñas con escritura cuneiforme chamado "Lamentacións de Ur" indican un estendido período de seca acompañado de desertización que practicamente destruíron a esta cidade que era o centro dun dos chamados estado de regadío. A desertización foi acompañada dunha terrible fame negra e consecuente mortaldade. Tal catástrofe natural explícase por haberse producido no océano Pacífico meridional un "megaNeno" cuxos efectos reflexos na rexión de Asia na que se atopaba Ur foron unha drástica diminución das precipitacións. A este conxunto de catástrofes naturais acompañoulle unha forte decadencia e inestabilidade do poderío político da cidade.
Cara ao 2116 a.C. foi ocupada por Utukhengal de Uruk. O xeneral Ur-Namu, gobernador de Ur por conta de Uruk, independízase o 2111 a.C. e ocupa Uruk e Lagash. O seu fillo Shulgi alíase co reino de Marakshi (ou Waraksh) e fai expedicións cara aos chamados reinos bárbaros do leste (Urbillum, Lullu, Kakakhar, Qutum, Simurrum e Simash).
No 2025 a.C. Eshunna sublévase e independízase. Larsa seguiu o mesmo camiño. O ano seguinte foi o Elam (Awan e poida que algún outro reino), e no 2023 foi Lagash; no 2022 sublevouse Umma e o ano seguinte Nippur. No 2020 fixéronse independentes Der e Assur. Durante os anos seguintes as posesións de Ur foron decaendo e o seu poder desvaneceuse. No 2003 a.C. os elamitas, dirixidos polo rei de Simash, ocuparon Ur, o seu monarca Ibisin foi feito prisioneiro e levado a Elam.
No 1998 a.C. a cidade pasou a mans de Isín. No 1925 foi conquistada por Larsa e aínda que Isín re conquistouna brevemente no 1895, Larsa recuperouna e mantívoa ata o 1762, ano en que pasou a Babilonia. No 1745 a.C. Rimsin (Rimsin II de Larsa) dominou Ur durante uns anos, pero no 1739 Babilonia someteuna outra vez.
Algúns monarcas coñecidos
Meskalamdug cara ao 2650 a.C.
Akalamdeg cara ao 2650
Puabi cara ao 2600
Outros reis non coñecidos:
Mesanepeda cara ao 2475
Aannipada cara ao 2460
Meskiangnuna cara ao 2450
Eludu cara ao 2450
Balulu cara ao 2425
Annanne
Meskiag-Nanna
a Umma cara ao 2350
a Akkad cara ao 2338
Kaku cara ao 2284
Outros reis descoñecidos:
independente cara ao 2220 adC
reis descoñecidos
Elili cara ao 2150
en Lagash cara ao 2164
en Uruk cara ao 2116
independente 2111
Urnamu 2111 aC-2094
Shulgi (fillo) 2094-2046
Amarsuena (Amarsin) 2046-2037
Shusin 2037-2028
Ibisin (Ibbisin) 2028-2003
en Elam 2003-1998
en Isin 1998-1925
en Larsa 1925-1895
en Isin 1895-1894
en Larsa 1894-1762
en Babilonia 1762-1745
Rimsin (Rimsin II de Larsa) 1745-1739
en Babilonia 1739 a.C.
Notas
↑López, Jesús; Sanmartín, Joaquín (1993): Mitología y religión del oriente Antiguo. Tomo I: Egipto y Mesopotamia. Ed. Ausa.