O universo de Pokémon é un universo ficticio no que está ambientado a franquía Pokémon, a cal inclúe as historias e as obras ficticias producidas por The Pokémon Company, Nintendo, Game Freak e Creatures, Inc. O concepto do universo Pokémon, tanto nas obras de ficción como no mundo xeral de non ficción de Pokémon, provén da afección de coleccionar insectos, un popular pasatempo que o creado de Pokémon, Satoshi Tajiri, practicaba sendo neno.[1] Os xogadores da serie de videoxogos son designados como adestradores Pokémon, e teñen dous obxectivos principais (como na maioría de xogos de Pokémon): completar a Pokédex conseguindo tódalas especies de Pokémon presentes na rexión ficticia na que está ambientada o xogo e adestrar un equipo de poderosos Pokémon para batallar con outros adestradores e converterse no máis forte: o campión Pokémon. Estes temas de coleccionar, adestrar e loitar están presentes na maioría das versións de xogos da franquía Pokémon, así como na serie anime, no manga, nos filmes e en Pokémon Trading Card Game.
Malia que as batallas Pokémon entre adestradores é un tema popular no universo Pokémon, a serie tamén salienta a harmonía entre os humanos e os Pokémon. As batallas Pokémon son consideradas como unha competición deportiva na que tanto os Pokémon como os humanos se divirten. Os Pokémon rara vez sofren feridas fatais durante esas batallas e ademais poden obter remedios nos centros Pokémon, os hospitais especializados en Pokémon.
Rexións principais
Notas
|
---|
|
Media | | |
---|
Manga | |
---|
Personaxes | |
---|
Outros | |
---|