Ulrich Rückriem, nado en Düsseldorf o 30 de setembro de 1938, é un escultor alemán.
Traxectoria
Comezou nunha canteira aprendendo os procesos de transformación da pedra e as súas reaccións ante distintas intervencións. Desenvolveu o seu traballo dende os anos sesenta como escultor independente. As súas obras están principalmente en Europa, destacando a súa participación na Bienal de Venecia de 1978 representado á República Federal Alemá.
Obras en Galicia
Destaca a súa intervención no lugar de Monteagudo (A Estrada) con varias pezas inseridas nunha carballeira.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas