Uli Edel, nado o 11 de abril de 1947 en Neuenburg am Rhein (Alemaña) é un director e guionista de cine.
Traxectoria
Estudou literatura alemá e arte dramática na Universidade de Múnic antes de matricularse na Academia de cine de Múnic, nesta época dirixiu as súas primeiras curtametraxes, producidas polo seu compañeiro de estudos Bernd Eichinger.
No ano 1981, e outra vez con Bernd Eichinger, dirixe Yo Cristina F, película que obtivo un grande éxito mundial e numerosos galardóns internacionais. Oito anos despois repetiron éxito co filme Última salida, Brooklyn, gañadora dos Premios do Cinema Alemán á mellor película e ao mellor director.
Uli Edel vive dende 1990 nos Ánxeles, onde traballa tanto en grandes producións coma en miniseries para canais de televisión de pago. Por exemplo a película para televisión Rasputín, que gañou tres Globos e tres premios Emmy, The Mists of Avalon que foi candidata a 11 premios Emmy, ou o seu western Camino al infierno que bateu récords na televisión estadounidense con 31 millóns de espectadores.
Obra
Filmes
Series
Véxase tamén
Ligazóns externas