Túpac Amaru II

Modelo:BiografíaTúpac Amaru II

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Gabriel Condorcanqui Noguera Editar o valor en Wikidata
10 de marzo de 1738 Editar o valor en Wikidata
Tinta, Perú Editar o valor en Wikidata
Morte18 de maio de 1781 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Cuzco, Perú Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, decapitación Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCuzco Editar o valor en Wikidata
EducaciónColexio San Francisco de Borja
Universidade Nacional Maior de San Marcos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, líder amerindio, revolucionario, rebelde Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitorebelión de Túpac Amaru II Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMicaela Bastidas (1758–) Editar o valor en Wikidata
PaisMiguel Condorcanqui Editar o valor en Wikidata  e Carmen Rosa Noguera Valenzuela Editar o valor en Wikidata
IrmánsJuan Bautista Túpac Amaru Editar o valor en Wikidata
ParentesTúpac Amaru, great-great-great-grandparent
Diego Cristóbal Túpac Amaru, curmán entregue
Andrés Túpac Amaru, sobriño segundo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1142037

José Gabriel Condorcanqui Noguera, marqués de Oropesa chamado igualmente José Gabriel Túpac Amaru,[1][2][3] nado en Surimana, Canas, Vicerreinado do Perú o 19 de marzo de 1738 e finado en Cuzco o 18 de maio de 1781, coñecido posteriormente como Túpac Amaru II ou simplemente Túpac Amaru, foi un caudillo indíxena líder da maior rebelión anticolonial que se deu en Hispanoamérica durante o século XVIII. Descendía de Túpac Amaru I (derradeiro Sapa Inca, executado polos españois no século XVI).

Liderou a denominada «Gran rebelión» que se desenvolveu no Vicerreinado do Río da Prata e o Vicerreinado do Perú, pertencentes ó Reino de España, rebelión iniciada o 4 de novembro de 1780 coa captura e posterior execución do corrixidor Antonio de Arriaga.

Curaca (xefe nativo) de Surimana, Tungasuca e Pampamarca, era adiñeirado e adicábase ó comercio. Tratábase dun personaxe de orixe mestiza (foi marqués de Oropesa) no que confluía o sangue do Sapa Inca Túpac Amaru coa dos crioulos. De feito, durante unha gran parte da súa vida, sendo criado até os 12 anos polo sacerdote crioulo Antonio López de Sos e logo no Colexio San Francisco de Borja, mostrou preferencia polo crioulo chegando a dominar o latín e a empregar refinadas vestimentas hispanas, pero posteriormente vestiu como un nobre inca, fixo uso activo da lingua nativa quechua na súa vida e proclamas, e foi excomulgado da Igrexa católica.[4]

No Perú foi recoñecido como o fundador da identidade nacional peruana. Foi unha figura capital para o réxime velasquista (1968-1975) e dende entón permaneceu reivindicado no imaxinario popular.

Notas

  1. [1] Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. APU SAHUARAURA, Justo, Noticia importante para el conocimiento de la posteridad, en: Cornejo Bouroncle, Jorge Op. cit., p. 133.
  2. Usou indistintamente os dous nomes.
  3. Enciclopedia Temática del Perú.
  4. [2], 1781.

Véxase tamén

Outros artigos