O turquesa é a cor azul verdosa semiclara, de aspecto brillante, céreo. Denomínase tamén azul turquesa. Ten como referencia de orixe a coloración da xemahomónima.[1]
O turquesa é unha cor estándar, é dicir, que debido ao seu uso popular inclúese en catálogos e inventarios cromáticos; mais non conta cunha definición exacta, polo que presenta variacións, sendo, na práctica unha familia de cores parecidas entre si, aturquesadas.[1]
A turquesa, como xema, era moi apreciada en tempos antigos en norte e Centroamérica, sendo obxecto dun activo comercio entre diferentes pobos. Na área de influencia do náhuatl —idioma capaz de complexas metáforas e posuidor dun amplo vocabulario cromático que inclúe a cor turquesa—, o conxunto das coloracións verdeazuladas asociábase simbolicamente coa auga e a vexetación, que se entendían como elementos indispensables para a vida. Algúns materiais preciosos con esta coloración, como a turquesa, o xade e as plumas de quetzal, representaban metaforicamente a auga e a vexetación, e tamén o facían as cores destes materiais.[2]
Así mesmo, un texto náhuatl di que a casa do deus Quetzalcóatl ten «traveseiros de cor turquesa», suxerindo que a cor, e non só a pedra homónima, tiña un valor simbólico asociado coa nobreza e co divino.[3]
Moda
A cor turquesa está suxeita aos vaivéns da moda. Foi particularmente popular nos anos 1950.
Turquesa pictórico
O turquesa que se adoita ver na pinturas artísticas é tipicamente diferente do anterior. A súa coloración responde á do pigmento empregado nas pinturas comercializadas como de cor azul turquesa, turquesa ou bleu turquoise: ftalocianina de cobre bromada.[1] Unha mostra aproximada desta cor:
A similitude deste turquesa pictórica coa cor da turquesa natural faise evidente ao aclarar a pintura con branco, como se ve abaixo.
↑Dehouve, Danièle (2003). "Nombrar los colores en náhuatl (siglos XVI–XX)". En Universidad Autónoma de México. El color en el arte mexicano(PDF). México, D.F. pp. 65–66. ISBN 970-32-0455-4.
↑Ferrer, Eulalio (2000). UNAM, Instituto de Investigaciones Históricas, ed. "El color entre los pueblos nahuas". Estudios de Cultura Náhuatl (México, D.F.) (31): 220. ISSN 0071-1675. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 23 de maio de 2013. Consultado o 21 de maio de 2012.