A 51ª edición do Trofeo Teresa Herrera celebrouse na Coruña entre o 8 e o 10 de agosto de 1996. O campión foi o Botafogo. Con ocasión deste torneo inaugurouse a bancada de Pavillón do estadio de Riazor.
O torneo reuniu na cidade herculina ademais do equipo local, o Deportivo da Coruña, ao campión do Brasil, Botafogo, e aos dous últimos campións de Europa, Ajax e Juventus.
Dita edición do trofeo é recordada pola anécdota ocorrida na final entre o Botafogo e a Juventus, na que o equipo brasileiro gañou o torneo xogando coa camisola do Deportivo. Ao saltar ao terreo de xogo para disputar a final e ante a semellanza dos equipamentos dos finalistas, nos dous casos de raias verticais brancas e negras, o árbitro obrigou aos brasileiros a cambiar de camisolas. Estes viaxaran só co primeiro equipamento, polo que regalaron a súa roupa ao público e xogaron coas camisetas branquiazuis emprestadas polo Deportivo. Isto fixo que o público de Riazor animase ao Botafogo, que tras empatar 4-4 nun intenso partido con catro cartóns vermellos, saíu finalmente campión na quenda de penaltis.[1][2][3]
O deportivista Mauro Silva recibiu o premio ao mellor xogador to torneo.[4]
Participantes
Resultados
Partidos
Primeira semifinal
Segunda semifinal
Disputa polo 3º e 4º posto
Final
Goleadores
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas