Armando Álvarez Álvarez, nado en Colmar (Francia) o 18 de xullo de 1970, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.
Traxectoria
Debutou na tempada 1991–92 co Real Oviedo en Primeira División, da man de Javier Irureta. No conxunto asturiano permaneceu até a campaña 1995–96, sendo un habitual do once titular.
Na tempada 1996–97 fichou polo Deportivo da Coruña, campaña na que foi convocado para dous partidos coa selección española. Na tempada 1997–98 xogou a Copa da UEFA por primeira vez. Permaneceu no conxunto galego até a campaña 1998–99, coincidindo novamente co adestrador vasco Javier Irureta. Na súa estadía na Coruña participou nun total de 97 partidos e anotou 3 goles.
Na tempada 1999–00 foi contratado polo RCD Mallorca, club no que permaneceu dúas campañas e competiu, na primeira delas, na Copa da UEFA.
Na tempada 2001–02 fichou polo Atlético de Madrid, en Segunda División. Esa campaña, na que o club madrileño ascendeu a Primeira División, Armando un dos habituais do once titular. Na tempada 2002–03 foi a súa derradeira, participando tan só nun partido.
Palmarés
- Atlético de Madrid
Véxase tamén
Ligazóns externas