Ebba Tove Elsa Nilsson, nada en Estocolmo o 29 de setembro de 1987, é unha cantante sueca máis coñecida polo seu nome artístico Tove Lo[1][2]. Naceu e medrou en Djursholm, un suburbio de Estocolmo, onde se graduou na escola de música Rytmus Musikergymnasiet. Lo formou o grupo de rock Tremblebee en 2006. Despois da disolución de Tremblebee, Lo comezou a súa carreira como letrista conseguindo un contrato con Warner/Chappell Music no 2011. Traballando cos produtores Alexander Kronlund, Max Martin e Xenomania, Lo converteuse nunha exitosa letrista mentres compoñía e interpretaba as súas propias composicións. No 2014, asinou co colectivo de Martin, Wolf Cousins, e conseguiu un acordo de gravación con Island e Polydor Records.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas