Toril Moi, nada en Farsund o 28 de novembro de 1953,[1] é unha profesora norueguesa de literatura e estudos romances, profesora de inglés, filosofía e teatro na Universidade Duke. Moi é tamén directora do centro de filosofía, arte e literatura de Duke.
Traxectoria
Asistiu á Universidade de Bergen. Previamente, foi lectora de francés na Universidade de Oxford e foi directora do centro para a investigación feminista da Universidade de Bergen, en Noruega. Viviu en Oxford, dende 1979 até 1989. No presente vive en Carolina do Norte. Traballa na teoría feminista e nos escritos das mulleres "atopando maneiras de ler a literatura coa filosofía e a filosofía coa literatura sen reducir a unha á outra."
En 2002 foi galardoada co honoris causa pola Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía.[2] En 1998 gañou o premio de Mestre do Ano da Universidade Duke, e en 2008 gañou o Premio de Excelencia na titoría de estudantes de posgrao.
É membro da Academia Norueguesa de Ciencias e Letras.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas