Torcuato Ulloa Varela, nado en Pontevedra en 1863 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 1946, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Na súa xuventude viviu en París e despois residiu en Madrid onde colaborou en El Imparcial. Regresou a Pontevedra e traballou na Sección de Fomento. Participou na creación da revista El Adelanto, foi redactor de La Voz de Helenes e fundou o periódico El Noticiero Gallego e a revista ilustrada Galicia Cómica. Colaborou en Crónica de Pontevedra, Galicia Moderna e Diario de Pontevedra e foi correspondente de El Imparcial de Madrid e La Vanguardia de Barcelona.
Obras
Recoñecementos
Gran Cruz de Afonso XII, polo seu labor na Sociedade Económica de Amigos do País.
Vida persoal
Foi irmán de Renato Ulloa. Casou con Isolina Martínez Besada.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas