Tino di Camaino

Modelo:BiografíaTino di Camaino

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1280 Editar o valor en Wikidata
Siena, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte1337 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nápoles (1323–1337)
Florencia (1321–1323)
Siena (1315–1320)
Pisa (1306–1315) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultor, arquitecto Editar o valor en Wikidata
ProfesoresGiovanni Pisano e Camaino di Crescentino (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiCamaino di Crescentino Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1181535
Personificación da Virtude, da fachada de Santa Maria del Fiore, Museo dell'Opera del Duomo (Florencia), ca. 1320

Tino di Camaino, nado en Siena contra o 1280 e finado en Nápoles contra o 1337, foi un escultor italiano do período gótico.

Biografía

Primeiros anos

Fillo de Camaino di Crescentino, arquitecto sienés, foi discípulo de Giovanni Pisano, a quen axudou na realización dos relevos da fachada do Duomo de Siena. Seguiu o seu mestre cando se trasladou a Pisa, onde foi nomeado mestre de obras da Catedral (1311). Executou nese período o Monumento fúnebre de Henrique VII (1315). Alí mesmo en Siena, onde estivo entre 1315 e 1320, realizou tamén, en 1317, outro monumento funerario, o do cardeal Petroni. O seu Monumento fúnebre do bispo Orso foi executado para o Duomo de Florencia despois de 1321.

Madonna coa raíña Sancha e anxos, T. di Camaino, ca. 1355, National Gallery, Washington

En Florencia

Outras obras famosas do seu período fiorentino son a Madonna do Museo Nacional do Bargello e máis a Caridade do Museo Bardini, ademais da Tumba de Gastone della Torre, conservada no Museo da basílica da Santa Croce.

En Nápoles

Desde 1323 traballou en Nápoles, ao servizo de Roberto d'Angiò, onde realizou numerosos monumentos funerarios: en 1323 o de Catarina de Austria na San Lorenzo Maggiore; arredor de 1325 o da raíña María de Hungría na Santa Maria Donnaregina. Para Santa Clara, xa nos últimos anos da súa vida, realizou os sepulcros de Carlo de Calabria e de María de Valois.

Véxase tamén