Thor é un filme estadounidense baseado no personaxe de banda deseñada Thor dirixido por Kenneth Branagh e protagonizado por Chris Hemsworth , Natalie Portman , Tom Hiddleston , Anthony Hopkins e Stellan Skarsgård . O filme conta a historia de Thor , un deus exiliado do seu fogar en Asgard á Terra .
Sinopse
Thor é un arrogante e cobizoso guerreiro cuxos actos imprudentes reavivan unha antiga guerra. Por ese motivo, o seu pai Odín castígao desterrándoo á Terra para que viva entre os homes e aprenda así o verdadeiro sentido da humildade. Cando o malvado máis perigoso do seu mundo envía á Terra as forzas máis escuras de Asgard , Thor decatarase do que realmente fai falla para ser un heroe.
Personaxes
Hemsworth na promoción do filme en Londres, 2011.
Chris Hemsworth como Thor , o deus do trono segundo a mitoloxía nórdica .
Natalie Portman como Jane Foster, unha científica e a muller da que se namora Thor.
Tom Hiddleston como Loki, o irmán adoptivo de Thor e o seu inimigo, baseado na deidade nordica Loki .
Anthony Hopkins como Odin, o señor de Asgard , pai de Thor e Loki, baseado no deus mitolóxico Odín
Stellan Skarsgård como Erik Selvig, un científico que atopa a Thor en Novo México
Kat Dennings como Darcy Lewis
Idris Elba como Heimdall, personaxe dos cómics baseado no deus nórdico Heimdall .
Colm Feore como Laufey, rei dos xigantes e pai biolóxico de Loki, baseado no deus mitolóxico Laufey
Ray Stevenson como Volstagg
Tadanobu Asano como Hogun
Joshua Dallas como Fandral
Jaimie Alexander como Sif
Rene Russo como Frigg
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Filmes
Fase 1 Fase 2 Fase 3 Fase 4 Fase 5
Televisión
ABC Netflix Outros Por estrear