Guardians of the Galaxy (filme)

Guardians of the Galaxy
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalGuardians of the Galaxy
DirectorJames Gunn
ProdutorKevin Feige
GuiónJames Gunn
Nicole Perlman
Baseado enGuardians of the Galaxy de Dan Abnett
Andy Lanning
IntérpretesChris Pratt
Zoe Saldana
Dave Bautista
Vin Diesel
Bradley Cooper
Lee Pace
Michael Rooker
Karen Gillan
Djimon Hounsou
John C. Reilly
Glenn Close
Benicio del Toro
MúsicaTyler Bates
FotografíaBen Davis
MontaxeCraig Wood
Fred Raskin
Hughes Winborne
EstudioMarvel Studios
DistribuidoraWalt Disney Studios
Motion Pictures
EstreaDolby Theatre: 21 de xullo de 2014
1 de agosto de 2014
Duración122 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción, fantasía
Orzamento$170 000 000[1]
Recadación$732 800 000
Filme seguinteGuardians of the Galaxy Vol. 2
Na rede
https://www.marvel.com/movies/guardians-of-the-galaxy
IMDB: tt2015381 Filmaffinity: 316972 Allocine: 196604 Rottentomatoes: m/guardians_of_the_galaxy Mojo: marvel2014a Allmovie: v568178 TCM: 2004880 Metacritic: movie/guardians-of-the-galaxy TV.com: movies/guardians-of-the-galaxy Netlix: 70301645 Editar o valor en Wikidata

Guardians of the Galaxy é un filme estadounidense de superheroes baseado no equipo de Marvel Comics Guardians of the Galaxy, producido por Marvel Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. É o décimo entrega de Marvel Cinematic Universe. O filme está dirixido por James Gunn, que escribiu o guión con Nicole Perlman, e conta entre o seu elenco con Chris Pratt, Zoe Saldana, Dave Bautista, Vin Diesel, Bradley Cooper, Lee Pace, Michael Rooker, Karen Gillan, Djimon Hounsou, John C. Reilly, Glenn Close e Benicio del Toro. En Guardians of the Galaxy, Peter Quill forma unha estraña alianza cun grupo inadaptados extraterrestres despois de roubar un cobizado orbe.

O guionista Nicole Perlman comezou a traballar na historia no 2009. O produtor Kevin Feige mencionou publicamente Guardians of the Galaxy como filme potencial no ano 2010, e Marvel Studios anunciou que o filme estaba en fase de desenvolvemento activo en xullo de 2012. Gunn foi contratado para escribir e dirixir o filme o mes de setembro dese ano. En febreiro de 2013, Pratt foi seleccionado para interpretar a Peter Quill / Star-Lord, e os actores de elenco foron escollidos nos meses seguintes. A rodaxe comezou en xullo de 2013 en Shepperton Studios, Inglaterra, e continuou en Londres ata outubro de 2013. Os traballos de posprodución remataron o 7 de xullo de 2014.

Guardians of the Galaxy estreouse en Hollywood o 21 de xullo de 2014. Foi lanzada nos cines o 1 de agosto de 2014 nos Estados Unidos, en versión 3D e IMAX 3D. O filme converteuse nun éxito da crítica e de recadación, gañando $732 millóns en todo o mundo. As mellores valoracións gabaron o seu humor, a banda sonora, a dirección de Gunn e a interpretación do elenco. Anunciouse que a súa secuela será estreada no 2017.

Sinopse

O temerario aventureiro Peter Quill é o obxectivo dun implacable cazarrecompensas despois de roubar unha misteriosa esfera cobizada por Ronan, un poderoso malvado cuxa ambición ameaza todo o universo. Para fuxir do incansable Ronan, Quill vese obrigado a pactar unha enguedellada tregua con catro disparatados inadaptados: Rocket, un mapache armado cun rifle, Groot, un humanoide con forma de árbore, a letal Gamora e o vingativo Drax o destrutor. Pero cando Quill descobre o verdadeiro poder da esfera, deberá facer todo o posible para derrotar ós seus extravagantes rivais nun intento desesperado de salvar o destino da galaxia.

Personaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas