Tholen é un concello e unha cidade ao suroeste dos Países Baixos, na provincia de Zelandia. A municipalidade recibe o nome da cidade de Tholen que é a máis populosa do concello.
A municipalidade consiste en dúas penínsulas, antigamente illas, a máis grande ao sur, Tholen, e a máis pequena ao norte chamada Sint Philipsland. As dúas están separadas por un antigo estreito, agora Baía de Krabbenkreek.
O municipio está bordeado ao leste polo Eendracht, antigamente unha rama do río Escalda, mais agora parte da Canle Escalda-Rin, atravesada por tres pontes; polo estuario de Oosterschelde polo sur, o estreito de Keeten-Mastgat ao oeste e o estreito de Krammer cara ao norte.