Thermus thermophilus é unha especie de bacteria gramnegativa do filo Deinococcus-Thermus usada en diversas aplicacións biotecnolóxicas, como organismo modelo para a manipulación xenética, xenómica estrutural, e bioloxía de sistemas. É un bacilo aeróbico que contén un pigmento amarelo. A bacteria é extremadamente termófila, cunha temperatura óptima de crecemento duns 65 °C. T. thermophilus foi illada orixinalmente nunha fonte termal continental en Izu, Xapón por Tairo Oshima e Kazutomo Imahori. Inicialmente fora denominada Flavobacterium thermophilum e despois foi transferida ao xénero Thermus.[1] O organismo tamén é importante na degradación de materiais orgánicos na fase termoxénica da compostaxe.[2]
Existen varias cepas de T. thermophilus, das cales as máis utilizadas nos laboratorios son a HB8 e a HB27. As análises xenómicas destas cepas completáronse independentemente en 2004.[3]
Aplicacións biotecnolóxicas dos seus encimas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas