The Zombie Kids é un grupo formado por Edgar Candel Kerri e Cumhur Jay, dous disc jockeys e produtores discográficos que residen en España. A formación deuse a coñecer co seu debut en Rock in Rio (Lisboa 2010) e a publicación do seu primeiro sinxelo "Face" (2010), que conseguiu un grande éxito. O tema foi seleccionado para formar parte da B.S.O do filme Tengo ganas de ti ou do spot da cervexeira mexicana Cerveza Indio. A súa boa aceptación fixo que a discográfica Universal Music asinase un acordo co grupo para gravar o seu primeiro álbum, The Zombie Kids, que saíu á venda o 27 de xullo de 2012. Ese mesmo ano, o grupo foi premiado co MTV European Music Awards co galardón a "Mellor artista español". En 2013, The Zombie Kids foi o conxunto musical que máis actuacións realizou en España durante o verán dese ano. Tamén lanzou o seu novo proxecto "TZK Radio", con sesións mensuais e onde se deron a coñecer co seu novo tema "My House is Your House" feat. MC Ambush.
Discografía
Álbum
Sinxelos
- «Face» (feat. Aqeel)
- «Zumbiezed»
- «Mamajuana Rock» (feat. GP BOYZ)
- «Kiss mys Ass» (vs IKKI)
- «Blow Money Fast»
- «Drums of Death»
- «Fire» (feat.Aqeel)
- «My House Is Your House» (feat. Mc Ambush)