The Simpsons (tempada 6)

A sexta tempada da serie animada The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 4 de setembro de 1994 até o 21 de maio de 1995 e consiste en 25 episodios.

O showrunner da produción da sexta tempada foi David Mirkin, que foi produtor executivo de 23 episodios. Os ex-showrunners Al Jean e Mike Reiss produciron os dous restantes; produciron os dous episodios co persoal de The Critic, unha serie que crearon Jean e Reiss despois da súa saída de The Simpsons. Isto fíxose co fin de aliviar algo da tensión soportada polo equipo de guionistas de The Simpsons, como o sentir de que a produción de 25 episodios nunha tempada era demasiado.

Os primeiros dous episodios, Bart of Darkness e Lisa's Rival, foron tomados da tempada previa, xa que a produción demorouse polo terremoto de Northridge de 1994.[1] [2] O produtor executivo da tempada foi David Mirkin.[3] O episodio A Star is Burns causou certa controversia entre os produtores, xa que Matt Groening sacou o seu nome dos créditos do episodio, ao velo como unha publicidade para The Critic, a cal se emitía por ese entón.[4] Fox volveu situar a The Simpsons ao seu horario orixinal dos domingos, sendo emitido os xoves durante as tres tempadas previas. Dende entón, a súa emisión continuou nese día.[5]

Episodios

# Data da emisión orixinal Código de produción Título
104 - 6.01 4 de setembro de 1994 1F22 "Bart of Darkness"
105 - 6.02 11 de setembro de 1994 1F17 "Lisa's Rival"
106 - 6.03 25 de setembro de 1994 2F33 "Another Simpsons Clip Show"
107 - 6.04 2 de outubro de 1994 2F01 "Itchy & Scratchy Land"
108 - 6.05 9 de outubro de 1994 2F02 "Sideshow Bob Roberts"
109 - 6.06 30 de outubro de 1994 2F03 "Treehouse of Horror V"
110 - 6.07 6 de novembro de 1994 2F04 "Bart's Girlfriend"
111 - 6.08 13 de novembro de 1994 2F05 "Lisa on Ice"
112 - 6.09 27 de novembro de 1994 2F06 "Homer Badman"
113 - 6.10 4 de decembro de 1994 2F07 "Grampa vs. Sexual Inadequacy"
114 - 6.11 18 de decembro de 1994 2F08 "Fear of Flying"
115 - 6.12 8 de xaneiro de 1995 2F09 "Homer the Great"
116 - 6.13 22 de xaneiro de 1995 2F10 "And Maggie Makes Three"
117 - 6.14 5 de febreiro de 1995 2F11 "Bart's Comet"
118 - 6.15 12 de febreiro de 1995 2F12 "Homie the Clown"
119 - 6.16 19 de febreiro de 1995 2F13 "Bart vs. Australia"
120 - 6.17 26 de febreiro de 1995 2F14 "Homer vs. Patty & Selma"
121 - 6.18 5 de marzo de 1995 2F31 "A Star Is Burns"
122 - 6.19 19 de marzo de 1995 2F15 "Lisa's Wedding"
123 - 6.20 9 de abril de 1995 2F18 "Two Dozen and One Greyhounds"
124 - 6.21 16 de abril de 1995 2F19 "The PTA Disbands"
125 - 6.22 30 de abril de 1995 2F32 "'Round Springfield"
126 - 6.23 7 de maio de 1995 2F21 "The Springfield Connection"
127 - 6.24 14 de maio de 1995 2F22 "Lemon of Troy"
128 - 6.25 21 de maio de 1995 2F16 "Who Shot Mr. Burns? (1ª parte)"

Premios e nomeamentos

A sexta tempada gañou un premio Emmy, e recibiu tres nomeamentos adicionais. Lisa' s Wedding gañou o Emmy na categoría "Mellor programa animado (de duración menor a unha hora)". Alf Clausen recibiu un nomeamento na categoría "Logro individual destacado en composición musical para unha serie" por Treehouse of Horror V, mentres que el e John Swartzwelder estiveron nomeados en "Logro individual destacado en letra e música" pola canción dos Stonecutters "We Do" no episodio Homer the Great. Finalmente, Bart vs. Australia foi nomeado por "Logro individual destacado en mestura de son para unha serie de comedia ou un especial".[6][7]

Lanzamento en DVD

O DVD da sexta tempada completa foi lanzado á venda nos Estados Unidos o 16 de agosto de 2005, o 17 de outubro do mesmo ano no Reino Unido e o 24 de setembro en Australia. O compilado inclúe un deseño de plástico coa forma da cabeza de Homer que recibiu moitas críticas. Nos Estados Unidos, o set contivo unha aclaración informando aos compradores como solicitar unha caixa alternativa, a cal consiste nun empaquetado tradicional, sen cargo adicional.

Notas

  1. Mirkin, David (2004). Comentario de DVD de The Simpsons, tempada 6, episodio "Bart of Darkness" (DVD). 20th Century Fox.
  2. Mirkin, David; Mark Kirkland (2004). The Simpsons. The Complete Sixth Season DVD commentary for the episode "Lisa' s Rival". 20th Century Fox.
  3. Richmond, pp. 148-149.
  4. Brennan, Judy. Matt Groening's Reaction to The Critic's First Appearance on The Simpsons. Los Angeles Times (3 de marzo de 1995). Consultado o 2 de marzo de 2007.
  5. Reiss, Mike. Comentario de DVD de The Simpsons, tempada 2, episodio "Bart Gets an F" (2002). 20th Century Fox.
  6. Advanced Primetime Awards Search. www.emmys.org.
  7. Awards for "The Simpsons" (1989). Internet Movie Database.