The New World é unha longametraxe dirixida por Terrence Malick que foi estreada en 2005. É unha historia de aventuras sobre a fundación de Jamestown (o primeiro asentamento colonial inglés no estado de Virxinia), baseada nas figuras históricas do Capitán John Smith e Pocahontas. O elenco está formado por Colin Farrell, Q'orianka Kilcher, Christopher Plummer, Christian Bale, August Schellenberg, Wes Studi, David Thewlis, e Yorick van Wageningen. O filme recibiu numerosos premios e nomeamentos pola súa fotografía e pola interpretación de Kilcher.
Sinopse
É un filme sobre a América colonial, a comezos do século XVII, "O Novo Mundo" é unha aventura épica sobre o encontro das culturas europea e nativa americana durante a creación do asentamento colonial de Jamestown en 1607. Inspirada na lenda do amor entre o Capitán John Smith e Pocahontas, historia de dous personaxes fortes, unha muller nativa de gran beleza e un ambicioso buscador de fortuna. A parella de namorados atópase dividida entre as esixencias dos seus deberes cívicos e das do seu corazón.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas