The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe é un filme estadounidense dirixido por Andrew Adamson que se estreou no 2005. Baséase no libro The Lion, the Witch and the Wardrobe de C. S. Lewis.
Sinopse
A historia narra as aventuras de catro irmáns: Lucy, Edmund, Susan e Peter que, durante a segunda guerra mundial, descobren o mundo de Narnia, ó que acceden a través dun armario máxico mentres xogan ás agachadas na casa de campo dun vello profesor. En Narnia descubrirán un mundo incrible habitado por animais que falan, trasgos, faunos, centauros e xigantes ós que a Meiga Branca - Jadis - condenou ó inverno eterno. Coa axuda do león Aslan, o nobre soberano, os nenos loitarán para vencer o poder que a Meiga Branca exerce sobre Narnia nunha espectacular batalla e conseguir así ceibar á terra da maldición do frío.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas