Un texto é unha composición de signos lingüísticos codificados nun sistema de escritura que conforma unha unidade de sentido.Na lingüística textual desígnase texto a calquera enunciado coherente que sexa unha unidade comunicativa autónoma e pechada, independentemente de cal sexa a súa extensión, desde un simple vocativo ata unha novela. Na glosemática, considérase un texto todo conxunto analizable de signos, independentemente de cal sexa a súa extensión.
O texto constitúe un sistema que non debe identificarse co sistema lingüístico, senón relacionado con el. O texto é unha unidade comunicativa que presenta tres planos:
morfolóxico: Constituído por tódolos elementos lingüísticos das frases que o compoñen (fonolóxicos, gramaticais...) e estudado pola análise retórica.
A descrición e a narración poderían agruparse como formas da expresión literarias, mentres que a exposición e a argumentación representarían as modalidades relacionadas coa vertente científica e humanística da comunicación. Baixo as dúas primeiras, o autor pon en xogo tódalas posibilidades da lingua para crear novas dimensións significativas e activar unha inacabable restra de asociacións inexploradas guiándose por medio dunha intención estética. A exposición e a argumentación perseguen a transmisión dun contido sen dar cabida á ambigüidade nin á imprecisión. A súa misión é dar información obxectiva de calquera tema, se ben na argumentación tamén hai unha misión persuasiva.
En xeral, pode afirmarse que non existe unha modalidade illada, sen que participe con outra nun mesmo texto: Non se concibe a narración sen que participen elementos descritivos; a argumentación combínase coa exposición, inda que esta poida aparecer de forma illada e independente.
Propiedades do texto
As propiedades necesarias para que un texto teña sentido completo e sexa comprensible son:
A adecuación á situación en que se produce o acto comunicativo.