A teoría da codificación é o estudo das propiedades dos códigos e a súa adecuación para aplicacións específicas. Os códigos utilízanse para a compresión de datos, a criptografía, a detección e corrección de erros, a transmisión de datos e o almacenamento de datos. Os códigos estúdanse baixo diversas disciplinas científicas, como a teoría da información, a enxeñaría eléctrica, as matemáticas, a lingüística e a informática, co propósito de deseñar métodos de transmisión de datos eficientes e fiables. Normalmente, isto implica a eliminación da redundancia e a corrección ou detección de erros nos datos transmitidos.
Podemos estruturar a teoría de códigos en catro grandes áreas:[1]
A compresión de datos intenta eliminar a redundancia non desexada dos datos dunha fonte para transmitilos de forma máis eficiente. Por exemplo, a compresión de datos ZIP fai que os ficheiros de datos sexan máis pequenos para, por exemplo, reducir o tráfico de Internet. A compresión de datos e a corrección de erros son tratados frecuentemente conxuntamente.
A corrección de erros engade unha redundancia útil aos datos dunha fonte para facer a transmisión máis robusta ante as perturbacións presentes na canle de transmisión. Un disco compacto (CD) de música típico usa o código Reed-Solomon para corrixir arañazos e po. Nesta aplicación a canle de transmisión é o propio CD. Os teléfonos móbiles tamén usan técnicas de codificación para corrixir o esvaecemento e o ruído da transmisión de radio de alta frecuencia.
Historia da teoría de códigos
En 1948, Claude Shannon publicou " A Mathematical Theory of Communication", un artigo en dúas partes nos números de xullo e outubro do Bell System Technical Journal. Este traballo céntrase no problema da mellor forma de codificar a información que un remitente quere transmitir. Neste traballo fundamental utilizou ferramentas na teoría da probabilidade, desenvolvidas por Norbert Wiener, que se atopaban na súa incipiente aplicación na teoría da comunicación naquel momento. Shannon desenvolveu a entropía da información como unha medida da incerteza nunha mensaxe mentres inventou esencialmente o campo da teoría da información.
O código binario de Golay foi desenvolvido en 1949. É un código de corrección de erros capaz de corrixir ata tres erros en cada palabra de 24 bits e detectar un cuarto.
é instantánea se non é un prefixo de (e viceversa).
Principio
A entropía dunha fonte é a medida da información. Basicamente, a codificación trata de reducir a redundancia presente na fonte, e obter unha representanción con menos bits mais que leven máis información.
A compresión de datos que intenta de forma explícita minimizar a lonxitude media das mensaxes segundo un determinado modelo de probabilidade asumida chámase codificación entrópica.
Codificación de canles. Detección de erros
O propósito da teoría da codificación de canles é atopar códigos que se transmitan rapidamente, conteñan moitas palabras de código válidas e poidan corrixir ou polo menos detectar moitos erros. Aínda que non se exclúen mutuamente, o rendemento nestas áreas é unha compensación. As propiedades necesarias deste código dependen principalmente da probabilidade de que se produzan erros durante a transmisión.
O termo teoría da codificación alxébrica denota o subcampo da teoría da codificación onde as propiedades dos códigos se expresan en termos alxébricos.
A teoría da codificación alxébrica divídese basicamente en dous tipos principais de códigos:
Códigos de bloques lineares
Códigos de convolución
Analiza as seguintes tres propiedades dun código, principalmente:
Un código de liña (tamén chamado de modulación de banda base dixital ou método de transmisión de banda base dixital) é un código escollido para o seu uso dentro dun sistema de comunicacións co fin de transmitir en banda base. O transporte de datos dixitais usa esta codificación frecuentemente.
A codificación de liña (ou en liña) consiste en representar o sinal dixital que se vai transportar mediante un sinal discreto en amplitude e tempo que se sintoniza de xeito óptimo para as propiedades específicas da canle física (e do equipo receptor). O patrón forma de onda de tensión ou corrente que se usa para representar os 1 e os 0 dun dato dixital nun enlace de transmisión chámase codificación de liña. Os tipos comúns de codificación de liña son a codificación unipolar, polar, bipolar e Manchester.