Foi concibido polo rei Lois I de Baviera e construído entre 1830 e 1842 segundo os deseños de Leo von Klenze, que tamén foi responsable de Befreiungshalle, tamén preto de Ratisbona. O templo debe o seu nome ó Valhalla, o salón dos deuses da mitoloxía xermánica (e nórdica) sendo o equivalente do Olimpo grego. É unha copia do Partenón de Atenas, sostido por 52 columnas dóricas.[1] No seu interior alberga bustos de 130 persoas ilustres cubrindo 2000 anos de historia. O máis antigo é o de Arminio, vitorioso na batalla da fraga de Teutoburgo no ano 9.