Teenage Mutant Ninja Turtles, tamén coñecido como Geki Kame Ninja Den no Xapón e Teenage Mutant Hero Turtles en Europa, é un videoxogo de plataformas de 1989 creado para Nintendo Entertainment System e distribuído por Konami.[2] En América do Norte publicouse baixo a marca Ultra Games de Konami e a marca equivalente PALCOM en Europa e Australia.
Xunto con videoxogo arcade (tamén desenvolvido por Konami), foi un dos primeiros videoxogos baseados na serie animada de 1987 Teenage Mutant Ninja Turtles, sendo lanzado despois da segunda tempada. O xogo vendeu máis de 4 millóns de unidades en todo o mundo.
Notas