Teatro Nacional de São Carlos


Teatro Nacional de São Carlos
Teatro Nacional de São Carlos
CidadeSanta Maria Maior
PaísPortugal
Inauguración1793
Na rede
http://www.saocarlos.pt/
editar datos en Wikidata ]

O Teatro Nacional de São Carlos (TNSC), é o principal teatro de ópera de Lisboa, Portugal.

O Teatro Nacional São Carlos foi inaugurado o 30 de xullo de 1793 pola Raíña D. María I para substituír o Teatro de Ópera do Tejo, que fora destruído no Terremoto de Lisboa de 1755, segundo o proxecto do arquitecto José da Costa e Silva.

A ópera representada na súa inauguración foi La Ballerina amante de Domenico Cimarosa.

O teatro está localizado no centro histórico de Lisboa, na zona do Chiado. Na mesma praza, fronte ao teatro, naceu unha das personalidades máis importantes da poesía portuguesa, Fernando Pessoa.

Historia

Deseñado polo arquitecto José da Costa e Silva, o teatro foi construído en apenas seis meses e conta con elementos neoclásicos e rococós. O proxecto xeral está cláramente inspirado polos grandes teatros como os italianos Teatro San Carlo de Nápoles (interior) e o Teatro alla Scala de Milán (fachada e interior).

A construción do teatro, decidida en 1792, nun contexto político de hostil posición ás ideas iluministas, só foi posíbel xustificándoa coma fonte de ingresos para unha obra de caridade, a Casa Pia, fundada en 1780 polo intendente Pina Manique. Por outra banda foi este, naquel momento intendente da Polícia e antigo home de confiaza do primeiro ministro Sebastião de Carvalho e Melo, quen conseguiu obter da Coroa o permiso. Detrás da xustificación oficial, estaban os intereses de apertura e modernización da sociedade portuguesa dun grupo de grandes empresarios de Lisboa, entre outros os contratadores do tabaco, que prosperaran na época pombalina. Un deles, Quintela, feito barón en 1805 (máis tarde Conde de Farrobo e Director do propio Real Teatro de São Carlos entre 1838 e 1840), foi quen cedeu os terreos para o edificio a cambio da propiedade dun palco de primeira, con anexos e acceso privado á rúa, fronte ao palco lateral, da familia real.

Corenta grandes empresarios de Lisboa, entre os cales a familia Quintela, xa tiñam asumido un papel decisivo na área teatral na época de D. Xosé, coa creación da Sociedade para a Sustentação de Teatros Públicos, autorizada por cédula real en 1771, e de onde resultou o funcionamento de dous teatros públicos, con acceso mediante entradas pagadas: o Teatro da Rua dos Condes, dedicado a ópera italiana, onde se fixo célebre Zamperini, e o Teatro do Salitre, para drama e comédia en lingua portuguesa.

En 1755, de acordo co espírito iluminista ou de "despotismo esclarecido" da época, a propia Coroa fixo inaugurar a faustosa Ópera do Tejo, un teatro de corte, anexo ao antigo Paço da Ribeira, onde só se era admitido por convite. O Teatro de Ópera, que estivo activo tan só uns meses, foi destruído polo terremoto do 1 de novembro de 1755. Coa inauguración do Real Teatro de São Carlos o Teatro da Rua dos Condes deixou de representar ópera italiana.

O teatro foi bautizado co nome da princesa D. Carlota Xoaquina de Borbón (Infanta de España), que chegara a Portugal en 1790 para casar co futuro rei, o príncipe João Carlos.

A inscrición latina da placa conmemorativa, dedica o teatro á princesa.

A principios do século XIX, cando a corte fuxiu ao Brasil para escapar das invasións das tropas napoleónicas, construíuse un teatro a semellanza do São Carlos na cidade do Río de Xaneiro.

Bibliografía

  • FONSECA BENEVIDES, Francisco da - O Real Theatro de S. Carlos de Lisboa (2 volumes)
  • VIEIRA DE CARVALHO, Mário - "Pensar é morrer" ou O Teatro Nacional de São Carlos na mudança de sistemas sociocomunicativos, Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas