Teatro Kursaal-Fernando Arrabal

Teatro Kursaal-Fernando Arrabal
Edificio
TipoTeatro
EnderezoC/ Cándido Lobera, 6 (Centro)
LocalizaciónMelilla
Coordenadas35°17′39″N 2°56′21″O / 35.294113888889, -2.9392833333333
PropietarioCidade Autónoma de Melilla
Construción
Construción1930
Equipo
Arquitecto(s)Enrique Nieto
editar datos en Wikidata ]

O Teatro Kursaal-Fernando Arrabal é o teatro máis importante de Melilla (España), situado no número 6 da Avenida Cándido Lobera,[1] de ampliación modernista[2] e forma parte do Conxunto Histórico-Artístico da Cidade de Melilla, Ben de Interese Cultural.[3][4] É a sede principal da Semana de Cine de Melilla.[5]

Historia

A edificación pasou por varias etapas e varios proxectos construtivos. Igualmente, ao longo do tempo, tamén tivo varias denominacións.

Salón Kursaal

A edificación orixinal, en madeira, foi proxectada por Enrique Nieto o 25 de setembro de 1912, e se autorizou a construción o 8 de outubro, coa denominación de Salón de Recreo Kursaal, para albergar as actividades de patinaxje, atraccións, deporte e café.[6]

Cine Kursaal

O edificio actual parte do proxecto do mesmo arquitecto, Enrique Nieto, para convertelo no "Cine Kursaal", para o empresario Rafael Rico Albert. Porén, non se sabe por que pero o empresario encargou a construción para realizarse, non como un todo unitario, senón que encargou dous proxectos e se realizou en dous momentos diferentes: en 1929 e 1934.[7]

No primeiro proxecto, en decembro de 1929, constrúese parte de vestíbulo, o patio de butacas, os dous pisos de palcos e parte do escenario.[8] O 20 de febreiro de 1930, a Comisión Municipal autorizou a súa construción e en maio comezou o derrubamento da anterior construción.[9][10] En apenas dez meses, se levou a cabo o novo proxecto que foi inaugurado provisionalmente o 31 de outubro de 1930,[11] aínda que as obras non remataron definitivamente até 1931[10] e o 14 de abril dese mesmo ano, inaugurouse[12] coa primeira proxección dunha película.[8][13]

A nova estrutura tiña elementos máis sólidos pois xa estaba realizado con muros de ladrillo, mampostería de calidade, pedra, e a estrutura interior estaba sustentada, sobre todo, por elementos metálicos como piares, columnas e trabes de ferro.[8]

0 segundo proxecto é de novembro de 1934 e o mesmo arquitecto, dirixiu, de novo, a obras para modificalo, que rematan durante 1935. Construíronse os camerinos e a parte traseira do escenario, que foron ergueitos como edificio anexo.[8] Tamén se complementaron as instalacións de exhibición e un escenario que permitise a representación de obras teatrais[11] sendo, daquela, o único teatro existente en Melilla.

A construción supuxo a edificación duns 23.000 metros cúbicos e, cunha capacidade de total dunhas 2.000 localidades sentadas.[14][15]

Cine Nacional

En 1937, durante a Guerra Civil, pasou a se denominar Cine Nacional.[16] Non houbo cambios significativos até a década dos anos 50, en que o éxito do cine obrigou a facer máis amplo o espazo destinado á pantalla. Tamén, entre 1952 e 1953, se eliminan elementos da decoración orixinal que foi substituída pola do decorador levantino Pedro Aroca quen empregou xeso, luces, molduras e teas.[17][18]

Entre 1958 e 1959, realizouse outra importante reforma. Houberan varios sismos anteriormente, e os propietarios tiñan medo de que os pináculos puidesen caer e resultar perigosos, polo que se eliminaron, perdendo o edificio parte da súa monumentalidade.[19][20]

En 1969, se levou a cabo a derradeira reforma do edificio. Ampliouse de novo a pantalla cinematográfica para o que houbo que eliminar os palcos laterais e se reformaron parte dos palcos dos pisos superiores.[19]

Tras o peche, en 1982, do Cine Deporte Monumental, converteuse no cine máis grande de Melilla, e o espazo onde se celebraron as Semanas de Cine.

Teatro Kursaal

Foi adquirido en 2005 e reconstruído entre 2010 e 2011 pola Cidade Autónoma de Melilla, co nome de Teatro Kursaal.[21][22] O 25 de outubro de 2017, pasou a denominarse Teatro Kursaal-Fernando Arrabal coa presenza do propio Fernando Arrabal.[23]

Descrición

Está construído con pedra local e muros de cachotería de ladrillo tocho, con bóvedas de ladrillo de tocho para as cubertas,

Exterior

Fachada principal.

Aínda que Enrique Nieto era un defensor do modernismo con decoración floral, neses momentos, escolleu para a fachada principal unha formulación moito máis sobria[10] cun marcado corpo central aberto cun gran van en arco segmentado e compartimentado, como era do gusto do modernismo centroeuropeo.[24]

A súa fachada principal presenta, pois, unha rúa que comeza coas tres portas de entrada en arcos planos, continuando cun balcón continuo con balaustre e tres vans que continúan con outros tres vans ou fiestras semellantes, enmarcadas cun arco rebaixado e, na súa parte superior, a etiqueta de fundición que lle dá nome ao teatro, enmarcada por unha cornixa adaptada ao arco que conduce a un entaboamento con seis fiestras con lintel, separadas por pilastras que dan paso a un frontón lixeiramente curvado, flanqueado por pináculos que comezan con fermosas pilastras decoradas con debuxos xeométricos que comezan no primeiro corpo.

As rúas laterais presentan fermosas portas de madeira, con molduras que dan acceso a unha gran ventá moi estilizada verticalmente, entre potentes pilastras de orden gigante que conducen a outra cornixa adaptada ao arco e esta a unha ventá rematada por outro frontón curvo. Toda a rúa está flanqueada polas pilastras de orde xigante para remataren en pináculos romos.[21][25][26]

Este novo modelo compositivo, está fortemente influído por un modernismo centroeuropeo, máis concretamente pola Sezession vienesa, no que prima o ideal dunha ornamentación xeométrica ao servizo da elegancia.[27]

Vista interior do teatro.
Foyer ou vestíbulo interior.

Interior

O teatro tiña tres plantas -800 e 400 prazas-.[11] Na planta baixa, estaban as billeteiras nos laterais da fachada que daba á rúa Cándido Lobera, e tras pasa-lo vestíbulo, accediáse ao patio de butacas, que remataba no proscenio e a orquestra e, polos laterais, estaban as escaleiras que daban acceso ao anfiteatros superiores.

O primeiro andar tiña un vestíbulo ou foyer, os servizos e, separados por unha reixa central, “o ollo do patio» que permitía ver toda a sala da planta baixa, ata a construción do escenario coa cabina e as entradas laterais ao anfiteatro que tiña os palcos nos seus extremos. O segundo anfiteatro, coa mesma distribución, albergará a sala de contas e remataba, na súa superficie central, coa visión do vestíbulo inferior.

Notas

  1. Gallego Aranda 2010, p. 116
  2. Bravo-Nieto 2002, p. 109.
  3. Gallego Aranda 2010, pp. 125-128
  4. "«Real decreto 2751/1986, de 5 de diciembre por el que se declara Bien de Interés Cultural, con la categoría de Conjunto Histórico, una zona de la ciudad de Melilla»." (PDF). boe.es (en castelán). 17 de xaneiro de1987. p. 1389. Consultado o 17 de setembro de 2024. 
  5. "16 Semana de Cine de Melilla 2024". melilla.es (en castelán). 2024. Consultado o 17 de setembro de 2024. 
  6. Gallego Aranda 2010, p. 118
  7. Bravo Nieto (2007), p. 245
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Bravo Nieto (2016), p. 38
  9. Gallego Aranda 2010, pp. 118-119
  10. 10,0 10,1 10,2 Bravo Nieto (2016), p. 32
  11. 11,0 11,1 11,2 Gallego Aranda 2010, p. 119
  12. Bravo Nieto (2007), p. 243
  13. Bravo Nieto (2007), p. 246
  14. Bravo Nieto (2016), p. 41
  15. Bravo Nieto (2007), p. 248
  16. Bravo Nieto (2016), p. 46
  17. Bravo Nieto (2016), p. 49
  18. Bravo Nieto (2007), p. 249-250
  19. 19,0 19,1 Bravo Nieto (2016), p. 55
  20. Bravo Nieto (2007), p. 251
  21. 21,0 21,1 Gallego Aranda 2010
  22. Palma, Mª Carmen. "Marín: «No existe nada original en el cine Nacional, salvo la fachada»". diariosur.es (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2024. 
  23. Redacción (25 de octubro de 2017). "Fernando Arrabal recibe el homenaje de Melilla y su cultura". melillamedia.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2024. 
  24. Bravo Nieto (2007), p. 244
  25. Bravo Nieto (2002), p. 69
  26. VV.AA. (2015), p. 75.
  27. Bravo Nieto (2016), p. 34

Véxase tamén

Bibliografía