Lintel

Esquema dunha fiestra. Enriba o lintel ou lumieira, abaixo a soleira.
Lintel labrado e con inscrición nunha porta en Taborda, Tomiño.

Lintel, lumieira, cargadeiro, cargadoiro, cubrición ou padieira[1] é un elemento estrutural horizontal, que salva un espazo libre entre dous apoios. É o elemento superior que permite abrir ocos nos muros para conformar portas e xanelas. Pode ser feito de diversos materiais.

No centro do lintel é onde a peza experimenta as maiores tensións, sendo estas de compresión na cara superior, e de tracción na inferior. Os materiais ríxidos, como as rochas, soportan peor os esforzos a tracción, polo que a patoloxía máis habitual nos linteis pétreos son as fisuras que xorden desde a cara inferior.

Os mellores expoñentes de arquitectura con lintel son os edificios monumentais do antigo Exipto e a Grecia clásica.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lintel.