Takatsuki (高槻市, たかつきし, Takatsuki-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ó norte da prefectura, na parte Hokusetsu (significa a parte norte de Settsu), no centro da rexión de Kinki, no centro-oeste da illa de Honshu. Ten 105,31 km² de superficie, unha poboación de 354.020 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 3.360 hab./km².