Taj Mahal (músico)

Modelo:BiografíaTaj Mahal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Massachusetts Amherst (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónblues musician (en) Traducir, compositor, guitarrista, pianista, cantante, intérprete de banxo, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoBlues e Rhythm and blues Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, Harmónica, piano, voz e Banjo Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records Editar o valor en Wikidata
Participou en
1977Mariposa Folk Festival 1977 (en) Traducir
1976Festival de Folk Mariposa de 1976 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAya de Leon Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians Editar o valor en Wikidata
Sitio webtajblues.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0536737 Allocine: 71610 Allmovie: p100772 IBDB: 76607
Facebook: tajmahal Twitter: kingbmahal MySpace: tajblues Youtube: UCCIi2-PY_EP6il-Tossk8Sg BNE: XX872041 Spotify: 1aTDTChWWyiJH3SEnYrdVp iTunes: 10735 Musicbrainz: 4f48167c-29b8-4bde-a749-6803ce0a3922 Songkick: 541506 Discogs: 15158 Allmusic: mn0000790604 Genius: Taj-mahal Editar o valor en Wikidata

Henry Saint Clair Fredericks, coñecido polo alcume Taj Mahal, nado o 17 de maio de 1942[1] en Harlem na cidade de Nova York, é un músico de blues, cantautor e compositor de música de cine estadounidense. Taj é un multi-instrumentista[2] (toca a guitarra, o piano, o baixo, o órgano, mandolina, chelo, salterio, piccolo, a harmónica, kalimba, vibráfono, dobro...).

A miúdo incorporou elementos das músicas doutras culturas nas súas obras e pulou por reformular a definición e forma do blues durante toda a súa carreira musical buscando a mestizaxe con formas non tradicionais, incluíndo sons do Caribe, África e o sur do Pacífico[3] como o jazz, reggae, calypso, zydeco e música hawaiana creando un estilo propio.

Traxectoria

Traxectoria persoal

Aínda que naceu en Harlem, criouse en Springfield, Massachusetts, nun ambiente musical pois a súa nai era membro dun coro local de gospel e seu pai era pianista de jazz de orixe xamaicana. A súa familia era propietaria dunha radio de onda curta que recibía transmisións de música de todo o mundo, o que o puxo en contacto coa música mundial dende unha idade temperá.[4] Interesouse tamén polo jazz, gozando das obras de músicos como Charles Mingus, Thelonious Monk e Milt Jackson.[5] Seus pais fixéronse maiores de idade durante o denominado "Rexurdimento de Harlem", e inculcaron a seus fillos un sentido de orgullo pola súa ascendencia caribeña e africana a través das súas historias.[6] É irmán da cantante Carole Fredericks e pai da tamén cantante Deva Mahal.

Seu pai, Henry Saint Clair Fredericks Sr. era era músico, e foi chamado "o Xenio" por Ella Fitzgerald antes de formar a familia. Daquela, a súa casa frecuentada por outros músicos do Caribe, de África e dos Estados Unidos. Ao principio, Henry Jr. desenvolveu un grande interese pola música africana, que estudou asiduamente cando era novo e o seu talento musical foi alentado polos seus pais que o mandaron a clases de piano clásico. Estudou tamén clarinete, trombón e harmónica.[7]

Mais cando Mahal contaba con 11 anos, sufriu unha experiencia traumática pois seu pai morreu nun accidente na súa empresa de construción ao envorcar o tractor e ser esmagado. Súa nai casou de novo e o padrasto tiña unha guitarra que Taj comezou a usar con 13 ou 14 anos, recibindo as primeiras leccións dun novo veciño de Carolina do Norte, da súa mesma idade e que tocaba a guitarra acústica de blues. O seu nome era Lynwood Perry, sobriño do famoso músico de blues Arthur "Big Boy" Crudup.

Durante un tempo, penso en adicarse á agricultura en lugar da música, cando con 16 anos comezou a traballar nunha granxa leiteira en Palmer, preto de Springfield. Con 19 anos xa era capataz, e se tiña que erguer as 4 da mañá para ordeña-las vacas e cultivar millo, trevo e alfalfa.[8] Daquela época, aínda permanece a idea de manter unha granxa familiar na cal cultiva-la comida propia: "Hai toda unha xeración de rapaces que pensan que todo sae dunha caixa e dunha lata, e non saben que podes cultiva-la maior parte da túa comida". Por mor diso, colabora regularmente nos concertos de "Farm Aid".[8]

O alcume

Taj Mahal, o seu nome artístico, chegoulle soñando con Gandhi, a India e a tolerancia social. Comezou a empregalo a partir de 1959,[9] aproximadamente, ao mesmo tempo que empezou a asistir á Universidade de Massachusetts. A pesar de ter asistido a unha escola de agricultura vocacional, converterse en membro da Organización Nacional de FFA e especializarse en crianza de animais e especialización en veterinaria e agronomía, Mahal decidiu toma-la ruta da música en lugar da agricultura. Na universidade, dirixiu unha banda de rhythm and blues, chamada Taj Mahal & The Elektras e, antes de marchar á costa oeste dos Estados Unidos, tamén formou parte dun dúo con Jessie Lee Kincaid.

Traxectoria profesional

Foto do grupo Rising Sons (1966). Pola esquerda, Taj Mahal, Jesse Lee Kincaid, Gary Marker, Ry Cooder e Keven Kelley.

En 1964, mudouse a Santa Mónica, California, e formou a banda Rising Sons xunto co músico de blues rock Ry Cooder e Jessie Lee Kincaid, asinando pouco despois un contrato con Columbia Records. Foi unha das primeiras bandas interraciais do período o que, seguramente, fixo que fora inviable comercialmente,[10] pois non conseguiron sacar un álbum, aínda que si un single, e acabaron separándose aínda que, en 1992, Legacy Recordings lanzou The Rising Sons Featuring Taj Mahal and Ry Cooder, con material desa época.

Mentres, Mahal traballou con outros músicos como Howlin 'Wolf, Buddy Guy, Lightnin' Hopkins e Muddy Waters[11] e permaneceu con Columbia coa que comezou a súa carreira en solitario co disco titulado Taj Mahal (1968), e seguiu despois con The Natch'l Blues (1969) e Giant Step / De Old Folks at Homecon (1969) no que participou o músico de sesión, Kiowa, Jesse Ed Davis de Oklahoma, que tocaba guitarra e piano.[12] Con Columbia, gravaría na década dos sesenta un total de doce álbums.

Década de 1970

Nesta década o seu traballo foi especialmente importante pois incorporou, á súa música, o jazz e o reggae das Indias Occidentais e o Caribe. En 1972, actuou e escribiu a partitura da película Sounder, protagonizada por Cicely Tyson,[13] e repetiría o papel e a composición na secuela, Sounder, part 2 (1976).[14]

En 1976, abandonou Columbia para asinar con Warner Bros. Records, coa que gravou 3 álbums, sendo un deles foi a banda sonora para a película Brothers (1977)[15] que se publicou co mesmo nome. Despois da estadía en Warner intentou conseguir outro contrato a pesar de estar en pleno auxe do heavy metal e a música disco.

Taj Mahal no festival de Montreux Suíza en 1978

Década de 1980

En 1981, coa carreira estancada, decidiu mudarse a Kauai, Hawai en 1981 e, de seguido, formou a banda Hula Blues. Inicialmente, só se xuntaban un grupo de amigos para pescar mais, de súpeto, empezaron a tocar regularmente e facer xiras.[16] Estando en Hawai, permaneceu esquecido para a maioría dos medios até que gravou Taj (1988) para Gramavision, que supuxo o seu retorno, gravando diferentes traballos tanto con Gramavision como con Hannibal Records.

Década de 1990

Xunto con Ry Cooder, comezou a traballar cos Rolling Stones, cos que repetiría en varias ocasións, e actuou na película The Rolling Stones Rock and Roll Circus (1996).[17] Pero, nesta década traballou, sobre todo, co selo Private Music, lanzando álbums de blues, pop, R&B e rock e colaborou, entre outros, con Eric Clapton e Etta James.[18] En 1998, dentro do movemento Americana, gravou o disco Largo, baseado na obra de Antonín Dvořák, contando coa colaboración do compositor David Forman, o produtor Rick Chertoff e os músicos Cyndi Lauper, Willie Nile, Joan Osborne, Rob Hyman, Garth Hudson e Levon Helm de The Band, e de The Chieftains.

En 1997, gañou o Grammy ao Mellor Álbum de Blues Contemporáneo por Señor Blues, seguido doutro Grammy polo álbum en directo Shoutin 'in Key.[16]

Década de 2000 e actualidade

Taj Mahal no Jazz Fest de Nova Orleáns en 2013

En 2002, Mahal apareceu no álbum recompilatorio Red Hot and Riot da Red Hot Organization en homenaxe ao músico nixeriano de afrobeat Fela Kuti. O álbum producido por Paul Heck foi moi aclamado e tódolos beneficios do disco doron doados a organizacións benéficas contra a SIDA.

En 2017, Mahal asociouse con Keb 'Mo' para lanzar un álbum conxunto TajMo.[19] Neste álbum aparecen como invitados Bonnie Raitt, Joe Walsh, Sheila E. e Lizz Wright, e consta de seis composiciónss orixinais e cinco versións, de artistas e bandas como John Mayer e The Who.[20] En xuño do mesmo ano, Mahal apareceu no recoñecido documental The American Epic Sessions, dirixido por Bernard MacMahon gravando o tema de Charley Patton, High Water Everywhere, para o que se empregou o primeiro sistema de gravación de son eléctrico da década de 1920,[21] e apareceu, tamén, en varios momentos da serie documental que acompaña a American Epic, comentando sobre os artistas de gravacións rurais da década de 1920 que tiveron unha profunda influencia nos comezos da música estadounidense e nel persoalmente.[22]

Estilo musical

Taj Mahal no Summerstage de Nova York en 2017

Mahal adoita emprega o polgar e o dedo medio en troques do uso do índice como a maioría dos guitarristas. "Toco con púa", afirma, "cando toco un feixe de pezas de blues".[11] Cando principiou a súa carreira, estudou os diversos estilos dos seus cantantes de blues preferidos, incluídos músicos como Jimmy Reed, Son House, Sleepy John Estes, Big Mama Thornton, Howlin "Wolf", Mississippi John Hurt e Sonny Terry; tamén definiu o seu traballo en clubs como Club 47 en Massachusetts e Ash Grove, nos Ánxeles, como "bloques de construción básicos no desenvolvemento da súa música".[23]

Aínda que é considerado un erudito da música blues, os seus estudos de etnomusicoloxía na Universidade de Massachusetts Amherst achegárono máis á música popular do Caribe e de África occidental. Co tempo, foi incorporando máis raíces africanas ao seu estilo, abranguendo e mesturando o reggae, calipso, zydeco, R&B, música gospel e blues country, cada un dos cales "sendo base fundamental desde estilo".[4] Segundo The Rough Guide to Rock, "Tense dito que Taj Mahal foi un dos primeiros artistas principais, se non o primeiro, en buscar as posibilidades das música mundial. Mesmo o blues que tocaba a comezos dos 70 -Recycling The Blues & Other Related Stuff (1972) ou Mo 'Roots (1974)- amosaba unha grande aptitude para condimenta-la mestura con sabores que sempre o mantiñan como máximo a unha iarda de se un acérrimo intérprete de blues".[12] En canto á súa voz, o autor David Evans escribiu que Mahal ten "unha voz extraordinaria que vai dende áspera e areosa a suave e sensual".[2]

Taj Mahal opina que o seu álbum Kulanjan (1999) no que se acompaña do mestre de kora da tradición Griot de Malí, Toumani Diabate, "encarna o seu espírito musical e cultural pechando completamente o círculo". Para el foi unha experiencia que lle permitiu reconectarse coa súa herdanza africana, tendo a sensación de retonar a casa, chegando a muda-lo seu nome polo de Dadi Kouyate, o primeiro griot, como manifestación desta sensación de retorno.[24]  Sobre a experiencia, e amosando a amplitude so seu eclecticismo, dixo que:

"Os micrófonos están a escoitar unha conversa entre un orfo de 350 anos e seus pais biolóxicos perdidos hai moito tempo. Teño outra moita música por tocar. Mais a cuestión é que, se despois de gravar con estes africáns, se non volvo toca-la guitarra no resto da míña vida, tampouco me importa... Con Kulanjan, pesno que os afroamericanos teñen a oportunidade non só de ve-los instrumentos e os músicos, senón que tamén ven máis cousas sobre a súa cultura e poden recoñecer as caras, os paseos, as mans, as voces e os sons que non son o blues. As audiencias afroamericanas tiveron os seus ollos abertos por primeira vez. Foi emocionante para eles facer esta conexión por primeira vez e prestar unha atención maior que antes a esta música".[5]

Taj tamén ten afirmado que prefire tocar ao aire libre porque:

"A música foi deseñada para que a xente se mova, e resulta difícil ter á xente sentada como se estivera a ve-la televisión. Gústame tocar en festivais ao aire libre por iso. Porque a xente simplemente bailará. O público do teatro bede preguntarse: "Que diaño está a pasar? Pedímoslles a estes músicos que veñan e se presentes e, daquela, sentámonos e extraemos toda a enerxía do aire". É por iso que despois dun rato preciso un descansiño. É demasiado agotador e , a miúdo, non permiten iso. Eu só toco para a deusa da música e sei que está a bailar".[25]

Discografía

Álbums

  • 1968 – Taj Mahal
  • 1968 – The Natch'l Blues
  • 1969 – Giant Step/De Ole Folks at Home
  • 1971 – Happy Just to Be Like I Am
  • 1972 – Recycling The Blues & Other Related Stuff
  • 1972 – Sounder
  • 1973 – Oooh So Good 'n Blues
  • 1974 – Mo' Roots
  • 1975 – Music Keeps Me Together
  • 1976 – Satisfied 'n Tickled Too
  • 1976 – Music Fuh Ya'
  • 1977 – Brothers
  • 1977 – Evolution
  • 1987 – Taj
  • 1988 – Shake Sugaree
  • 1991 – Mule Bone
  • 1991 – Like Never Before
  • 1993 – Dancing the Blues
  • 1995 – Mumtaz Mahal (con V.M. Bhatt e N. Ravikiran)
  • 1996 – Phantom Blues
  • 1997 – Señor Blues
  • 1998 – Sacred Island aka Hula Blues (con The Hula Blues Band)
  • 1999 – Blue Light Boogie
  • 1999 – Kulanjan (con Toumani Diabaté)
  • 2001 – Hanapepe Dream (conThe Hula Blues Band)
  • 2005 – Mkutano Meets the Culture Musical Club of Zanzibar
  • 2008 – Maestro
  • 2014 - Talkin' Christmas (con Blind Boys of Alabama)
  • 2017 - TajMo (con Keb' Mo')

Álbums en vivo

  • 1971 – The Real Thing
  • 1972 – Recycling The Blues & Other Related Stuff
  • 1972 – Big Sur Festival - One Hand Clapping
  • 1979 – Live & Direct
  • 1990 – Live at Ronnie Scott's
  • 1996 – An Evening of Acoustic Music
  • 2000 – Shoutin' in Key
  • 2004 – Live Catch
  • 2015 – Taj Mahal & The Hula Blues Band: Live From Kauai

Recompilatorios

  • 1980 – Going Home
  • 1981 – The Best of Taj Mahal, Volume 1 – Columbia Records
  • 1992 – Taj's Blues
  • 1993 – World Music
  • 1998 – In Progress & In Motion: 1965-1998
  • 1999 – Blue Light Boogie
  • 2000 – The Best of Taj Mahal
  • 2000 – The Best of the Private Years
  • 2001 – Sing a Happy Song: The Warner Bros. Recordings
  • 2003 – Martin Scorsese Presents the Blues - Taj Mahal
  • 2003 – Blues with a Feeling: The Very Best of Taj Mahal[18]
  • 2005 – The Essential Taj Mahal
  • 2012 – Hidden Treasures of Taj Mahal

Con outros artistas

  • 1968 – The Rolling Stones Rock and Roll Circus
  • 1968 – The Rock Machine Turns You On
  • 1970 – Fill Your Head With Rock
  • 1985 – Conjure – Music for the Texts of Ishmael Reed
  • 1990 – The Hot Spot (Banda Sonora Orixinal)
  • 1991 – Vol Pour Sidney- título e outras pistas por Charlie Watts, Elvin Jones, Pepsi, The Lonely Bears, Lee Konitz e outros.
  • 1992 – Rising Sons Featuring Taj Mahal and Ry Cooder
  • 1992 – Smilin' Island of Song por Cedella Marley Booker e Taj Mahal.
  • 1993 – The Source by Ali Farka Touré (World Circuit WCD030 / Hannibal 1375)
  • 1993 – Peace Is the World Smiling
  • 1997 – Follow the Drinking Gourd
  • 1997 – Shakin' a Tailfeather
  • 1998 – Scrapple Soundtrack
  • 1998 – Largo
  • 1999 – Hippity Hop
  • 2001 - "Strut" - Jimmy Smith, Dot Com Blues
  • 2002 – Jools Holland's Big Band Rhythm & Blues (Rhino), colabora na versión de "Outskirts of Town"
  • 2002 – Will The Circle Be Unbroken, Volume III entrada e primeiro verso da canción principal, con Nitty Gritty Dirt Band, Alison Krauss, Doc Watson
  • 2004 – Musicmakers with Taj Mahal (Music Maker 49)
  • 2004 – Etta Baker with Taj Mahal (Music Maker 50)
  • 2007 – Goin' Home: A Tribute to Fats Domino (Vanguard), colabora na versión de "My Girl Josephine"
  • 2007 – Le Cœur d'un homme (Johnny Hallyday), dueto en "T'Aimer si mal", escrita polo novelista francés de best-seller, Marc Levy
  • 2009 – American Horizon con Los Cenzontles e David Hidalgo
  • 2011 – Play The Blues Live From Lincoln Jazz Center con Wynton Marsalis e Eric Clapton, tocnado en "Just a Closer Walk With Thee" e "Corrine, Corrina"
  • 2013 – "Poye 2" con Bassekou Kouyate e Ngoni Ba no álbum Jama Ko
  • 2013 – "Winding Down" con Sammy Hagar, Dave Zirbel, John Cuniberti, Mona Gnader e Vic Johnson no álbum "Sammy Hagar & Friends"
  • 2013 – Divided & United: The Songs of the Civil War, cunha versión de "Down by the Riverside"
  • 2015 – "How Can a Poor Boy?" con Van Morrison no seu álbum Re-working the Catalogue
  • 2017 – Music from The American Epic Sessions: Original Motion Picture Soundtrack colaborando na versión de "High Water Everywhere"

Filmografía

DVD's en vivo

  • 2002 – Live at Ronnie Scott's 1988
  • 2006 – Taj Mahal/Phantom Blues Band Live at St. Lucia
  • 2011 – Play The Blues Live From Lincoln Jazz Center con Wynton Marsalis e Eric Clapton, playing on Just a Closer Walk With Thee e Corrine, Corrina

Filmes

Programas de televisión

  • 1985 - Theme song Star Wars: Ewoks
  • 1992 – New WKRP in Cincinnati – Moss Dies as himself
  • 1999 – Party of Five – Filmore Street as himself
  • 2003 – Arthur – Big Horns George as himself
  • 2004 – Theme song Peep and the Big Wide World

Recoñecementos

Premios Grammy

Ano Disco Observacións
1997 Señor Blues Premio ao mellor disco de blues contemporáneo
2000 Shoutin' in Key: Taj Mahal & the Phantom Blues Band Live Premio ao mellor disco de blues contemporáneo
2017 TajMo Premio ao mellor disco de blues contemporáneo[26]

Notas

  1. "Taj Mahal". imdb.com. Consultado o 18-03-2019. 
  2. 2,0 2,1 Evans (2005), XII
  3. Komara (2006), p. 951
  4. 4,0 4,1 DiCaire (2002), p. 9
  5. 5,0 5,1 Tipaldi (2002), pp. 179-185
  6. Montague, Tony (13-04-2006). "Deep African roots help shape Taj Mahal's blues". straight.com. Consultado o 18-03-2019. 
  7. Madsen (2006)
  8. 8,0 8,1 George-Warren et alii (2005), p. 129
  9. Strong (1998), pp. 493-494
  10. Weismann (2005), p. 160
  11. 11,0 11,1 Madsen (2006), pp. 60-73
  12. 12,0 12,1 Buckley & Buckley (2003), p. 1050
  13. "Sounder". imdb.com. Consultado o 20-03-2019. 
  14. "Sounder, Part 2". imdb.com. Consultado o 20-03-2019. 
  15. "Brothers (1977)". imdb.com. Consultado o 20-03-2019. 
  16. 16,0 16,1 "Taj Mahal... and the Hula Blues Band". web.archive.org (en inglés). (arquivado en WayBack Machine do orixinal en http://brudda.com/kilohana/taj.html). 08-03-2012. Archived from the original on 08-03-2012. Consultado o 20-03-2019. 
  17. "The Rolling Stones Rock and Roll Circus". imdb.com. Consultado o 20-03-2019. 
  18. 18,0 18,1 "Taj Mahal. Blues with a Feeling: The Very Best of Taj Mahal (créditos do disco)". allmusic.com. Consultado o 20-03-2019. 
  19. Erlewine, Stephen Thomas. "Taj Mahal / Keb 'Mo'". allmusic.com (en inglés). Consultado o 20-03-2019. 
  20. Cunningham, Scott (13-03-2017). "TajMo: Taj Mahal and Keb' Mo' team up for new album". oregonmusicnews.com. Consultado o 20-03-2019. 
  21. "Taj Mahal - High Water Everywhere". bbc.co.uk. 10-06-2017. Consultado o 20-03-2019. 
  22. Hautzinger, Daniel (06-06-2017). "The Performers in 'The American Epic Sessions'". interactive.wttw.com (en inglés). Consultado o 20-03-2019. 
  23. Weissman (2005), p. 117
  24. Elam & Jackson (2005), pp. 301-302
  25. Montague, Tony (13-04-2006). "Deep African roots help shape Taj Mahal's blues". straight.com. Consultado o 18-03-2019.
  26. "Awards". allmusic.com. Consultado o 18-03-2019. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas