O século XXII antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 2200 a.C. e terminou o 31 de decembro de 2101 a.C.
Acontecementos relevantes
Evento climático do 4200 antes do presente, un grave acontecemento de aridificación que probablemente durou todo o século XXII a.C e provocou o colapso de varias civilizacións do Vello Mundo.
c. 2160 ou 2130 a.C.: fin do reinado do faraón Neferirkare no antigo Exipto, último rei da VIII Dinastía. Inicio da IX Dinastía, posiblemente despois do derrocamento de Neferirkare.
Utu-hegal (2120-2112 a.C.), líder da coalición de cidades sumerias e rei de Uruk baixo o título de "rei das catro rexións do mundo".
Ur-Nammu, xeneral e irmán de Utu-hegal, ao que sucedeu ou destronou no 2112 a.C., proclamándose rei de Sumeria e Acad, rematou definitivamente co predominio de Uruk en Sumeria e coa quinta dinastía de Uruk (que foi a última dinastía desta cidade), establecendo o centro de poder en Ur, comezando o predominio desta cidade na rexión, e fundando a Terceira dinastía de Ur, que conquistou Lagash e tamén puxo fin á Segunda Dinastía de Lagash (que tamén foi a última dinastía desta cidade) así como coa súa hexemonía.